26.3.08
Elexida a nova xunta local de NNXX de Carballo
O día 29 de decembro, nun acto celebrado na terceira planta do Pazo da Cultura, foi elexida a nova xunta local de Novas Xeracións de Carballo. A este primeiro congreso tan só se presentou unha candidatura, encabezada por Héctor García Andrade, que foi aprobada por unanimidade.
No acto, ademais do novo presidente electo, tomaron parte o presidente provincial de NNXX Javier Escribano, o secretario rexional de NNXX Manuel González, o vicesecretario rexional Carlos Negreira e o presidente provincial Juan Juncal. Tamén asistiron o presidente do PP de Carballo Alberto Sueiro e a presidenta saínte Rocío Vázquez, así como numerosos militantes de Novas Xeracións e representantes locais do partido. Os asistentes tiveron palabras de eloxio para a xunta saínte e de ánimo para os novos membros de NNXX Carballo, que dende agora comezan a deseñar o seu traballo de futuro.
Máis fotografías en http://picasaweb.google.es/nnxxcarballo/CongresoLocalNNXXDec07.