17.12.07
A Xunta dalle ó Grove o que lle nega a Carballo

O 31 de outubro de 2007 o PP denuncia a seguinte situación:
Nova proba do ninguneo do goberno bipartito a Carballo
A XUNTA FINANCIA CON 600,000 € O ARREGLO DA TRAVESIA PRINCIPAL DO GROVE, NAMENTRAS EN CARBALLO NON REMATA AS OBRAS DA VAZQUEZ DE PARGA INICIADAS EN 2003
A pesares de existir un convenio asinado dende o ano 2002, as obras da 3ª fase da Vazquez de Parga e da Travesia de Malpica siguen pendentes
A maiores, o agravio comparativo é evidente: Carballo tivo que co-financiar o 15% e neste convenio o concello non fan ningunha aportación
Despois da negativa a Escola Taller, unha nova proba da falla de peso e de xestión do goberno municipal ante a Xunta
Carballo, 30 de outubro de 2007,- A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes ven de asinar un convenio co alcalde socialista de O Grove, polo que a Xunta financiará as obras para a urbanización da Avenida Xoán XXIII, que se corresponde co treito urbano da estrada PO-316.
Este anuncio pon de manifesto a falta de compromiso da Conselleira coas obras inacabadas en Carballo e o abandono total do noso Concello, cando se inician obras similares en outros concellos antes de rematar o que esta a medias en Carballo ou se nos desprecia con subvencións que non cubren nin o 10% do custo das obras ( travesia de Malpica).
O agravio comparativo, e mais significativo, si temos en conta que o convenio de Carballo inclue a aportación do 15% da financiación polo propio concello e no firmado agora e a Xunta a que financia a obra en exclusiva sendo a finalidade exáctamente a mesma.
A falla de xestión do goberno de Carballo queda en evidencia , unha vez mais, o comprobar que non consiguen a axuda da Xunta para ningún dos proxectos de iniciativa municipal que teñen en marcha.
Despois da negativa de conceder a 5ªescola taller para rematar a Casa dos Oficios, agora a CPTOP non ten reparos en investir en outros concellos o que nega a Carballo, incumplindo un convenio firmado, e deixa as claras que o alcalde de carballo solo se relaciona coas consellerias do BNG.
Desde o Grupo Municipal do PP, autor do proxecto da reforma da travexia principal que foi quén de transformar de ó aspecto urban de Carballo, solicitamos do alcalde que remate de xeito inmediato unhas obras que levan mais de 4 anos iniciadas e que se consiga o convenio que permita arranxar de xeito integral a travesía de Malpica.