17.12.07

 

O PP reclama ó goberno tratar da circunvalación

O 4 de outubro de 2007 o grupo do Partido Popular de Carballo emite o seguinte comunicado:

Aínda non se teñen dado explicacións sobre a posición do goberno

O GRUPO MUNICIPAL DO PP CONSIDERA URXENTE QUE O GOBERNO CONVOQUE A COMISION DE URBANISMO PARA DEBATIR SOBRE O PROXECTO DA CIRCUNVALACIÓN DE CARBALLO

· O Pleno da corporación aprobou un trazado no mandato anterior un trazado para a circunvalación que o estudio informativo non respeta
· O Alcalde e o Concelleiro de Urbanismo non consideraron que este asunto tivera a importancia suficiente como para celebrar a comisión informativa de setembro, que non se convocou

Carballo, 2 de octubro de 2007.-. O grupo municipal do PP de Carballo considera moi preocupante que un dos proxectos de maior embergadura de este concello como é o trazado por onde vai discurrir a futura via de circunvalación da nosa vila, non teña sido tratado con maior dilixencia por parte do goberno de Carballo.
O goberno non considerou importante que se celebrase a comisión informativa de urbanismo no mes de setembro, para dar conta os grupos do trazado proposto polo estudio informativo da circunvalación de Carballo. A piques de rematar o periodo de alegacións a maioria dos veciños de Carballo non coñecen a postura do goberno municipal sobre este importante asunto.

Hai que lembrar que no pasado mandato o pleno da corporación aprobou un proxecto de trazado que a proposta actual non respeta sin que o goberno teña dado ningunha explicación de si vai a defender o trazado aprobado no pleno o aceptar o proposto polo estudio informativo da Xunta.

A importancia de este trámite de alegacións e moi grande porque dél derivaránse as características da vía a construir, que debemos solicitar que sexa unha estrada axeitada para adaptarse as necesidades actuais e futuras, coa capacidade e as características técnicas apropiadas a unha via do século XXI. O Grupo Municipal do PP de Carballo entende que está mais que xustificada a convocatoria urxente da comisión de urbanismo para debatir en exclusiva este importante proxecto, na que, entre outras propostas, solicitaremos do goberno que acomode un espacio mais axeitado e un horario mais amplo para facilitar o coñecemento deste documento polo maior número de carballeses a fin de que o trámite de alegacións sexa o mais fructifero posible.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?