17.12.07
O PP reclama 11,5 millóns máis para a Costa da Morte

O 10 de decembro de 2007 o Partido Popular, a través do deputado Alberto Sueiro, emite esta nota de prensa:
O Parlamento debaterá as emendas presentadas os orzamentos da Xunta para 2008
O PP defenderá no Parlamento a ampliación dos orzamentos da Xunta para a Costa da Morte en 11,5 Millóns de Euros
No debate das emendas o PP solicita a execución de 19 proxectos novos a iniciar, ou executar integramente, en 2008.
As obras propostas afectan a concellos de Bergantiños, Soneira e Fisterra.
Carballo, 10 de decembro de 2007.- No debate dos orzamentos da Xunta de Galicia que afecta as entendas presentadas, o PP de Galicia defenderá as súas propostas para os Concellos de Bergantiños, Soneira e Fisterra, que en conxunto suman 11,5 Millóns de Euros.
Dita cantidade, que se aplicaría a execución de 19 proxectos novos, implicaría aumentar o investimento medio por habitante na nosa comarca que está por debaixo da media de Galicia.
Entre os proxectos que se incorporan destacan partidas para a construción de circunvalacións en Carballo e Ponteceso, mellora e acondicionamento de travesías e vías urbanas da C-552 en A Laracha, Carballo e Coristanco, obras de saneamento en Muxía, Carnota , investimentos en portos e axudas para instalacións nautico-deportivas en A Laracha e Fisterra, instalacións deportivas para Ponteceso.unha apartación de fondos para rematar a Casa dos Oficios de Carballo ou recursos para o Parque industrial de Coristanco.
De xeito mais xenérico tamén se inclúen partidas para mellora da atención sanitaria en Bergantiños , parques de bombeiros comarcais en Vimianzo e a creación de un fondo especial para o programa de redución de peaxes.
O PP entende que as cantidades que se propoñen son asumibles e executables polo goberno da Xunta e darían un impulso novo os investimentos na comarca. Hai que lembrar que das partidas consignadas actualmente nos orzamentos do Bipartito para os concellos da Costa da Morte, unicamente o 19 % supoñen novos investimentos , o resto ou xa estaban proxectados ou en execución polo goberno anterior no 2005.
Dende o PP esperan que os grupos que apoian o goberno consideren todas ou algunhas das entendas propostas, xa que moitas delas ou foron reclamadas por estes grupos cando estaban na oposición ou forman parte dos programas electorais cos que se presentaron as eleccións do 2005.