17.12.07

 

O PP esixe no Parlamento de Santiado a solución do transporte dos rapaces do San Luis Romero


O 4 de novembro de 2007, Alberto Sueiro e outros deputados do grupo popular no Parlamento, presentan a seguinte moción:

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, ao abeiro do artigo 160 do Regulamento da Cámara e a iniciativa dos deputados D. Alberto Sueiro Pastoriza, Dona Manuela Lopez Besteiro e D. César Perez Ares presentan a seguinte Proposición non de Lei en Comisión sobre a situación do transporte adaptado para os alumnos do ensino público dos concellos de Carballo e A Laracha,

Exposición de motivos

A atención a discapacidade e ós alumnos que teñen dificultades físicas, motoricas ou calquer limitación de movilidade,son ou deben ser, a prioridade de calquer goberno.
Chama a atención que varias nais de alumnos escolarizados no Colexio Publico Xesus San Luis Romero de Carballo, teñan que denunciar públicamente, ata decidir non asistir a clase, a falta de atención ós seus fillos e moi especialmente a inadecuación do transporte adaptado, a falla de seguridade e de xeito xeral as deficiencias nas que se lles está prestando este servicio, que na práctica depende exclusivamente da entrega voluntarista das cuidadoras e das propias familias.

“ O Parlamento insta a Xunta de Galicia a :
Que dende Conselleria de Educación e Ordenacion Universitaria se dote o Colexio Xesus San Luis Romero dun transporte adaptado axeitado as necesidades dos alumnos con discapacidades, asegurando o seu correcto funcionamento, que dispoña de todas e cada unha, das medidas de seguridade que garantan que o traslado se realiza nas mellores condicións. posibles

Asdo. Alberto Sueiro Pastoriza Asdo. Manuela Lopez Besteiro

Deputado do Grupo Popular Deputado do Grupo Popular

Asdo. César Lopez Ares


Deputado do Grupo Popular





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?