17.12.07

 

O Partido Popular solicita a mellora da Pontenova


O 5 de decembro de 2007 o PP de Carballo presenta a seguinte moción:

MOCION SOBRE A PONTE DA PONTENOVA - PARROQUIA DE ARTES

No lugar da pontenova, parroquia de Artes, existe unha ponte coñecida como "Ponte da Pontenova" pola que circulan un número importante de vehículos diariamente. Tamén se encontra, a escasos metros, un lavadoiro ao que os veciños acceden por un carreiro que sae dende a ponte e que discurre a carón do rio, e que este presenta un desnivel considerable.

A ponte atópase nunhas condicións de perigo importante, xa que unha gran parte da mesma non ten ningun tipo de protección, tanto a un lado como a outro da carretera, e a altura a ponte ao río é de uns tres metros aproximadamente. O mesmo sucede co carreiro que vai ó lavadoiro.
Polo tanto, consideramos que tanto para os vehículos como para as persoas existe un perigo constante estando esta ponte sen estas medidas de seguridade, polo que esta mesma mañán presentamos no Concello de Carballo unha moción para que no próximo pleno se acorde o seguinte:

A)- Que o Concello de Carballo realice obras e actuacións necesarias para garantir a seguridade da circulación pola ponte da Pontenova, en Artes, mediante a colocación de varandas ou pretiles de seguridade a ambos lados da ponte, na súa totalidade.
B)- Garantir a seguridade do paso polo carreiro que, partindo da ponte, conduce ó lavadoiro, mediante colocación de varanda ou valado que asegure o tránsito a pé sen perigo.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?