17.12.07
O goberno volta ocultar a documentación do campo da Laracha

Logo de negarse a unha comisión de investigación, o goberno tamén lle nega ó PP o acceso á documentación relativa ó arranxo dun campo de fútbol en terreos da Laracha. Con tal motivo se emite esta nota de prensa o 8 de decembro de 2007:
O Alcalde non quere que se sepa a verdade
O GOBERNO NEGA A DOCUMENTACIÓN DO EXPEDIENTE MUNICIPAL PARA A CONSTRUCCION DUN CAMPO DE FUTBOL NO CONCELLO DA LARACHA
Carballo, 8 de decembro de 2007.- O pasado 27 de novembro, o grupo municipal do PP solicitou do alcalde, por escrito, que nos entregara copia da documentación que exista no Concello sobre o asunto da construcción dun campo de fútbol no término municipal da Laracha. Pedíamos copia de tódalas facturas, do proxecto da obra, dos informes do Secretario e da Interventora , que se nos indicara se fora concedida algunha axuda ou subvención para ese fin, por qué importe, se se fixera algunha convocatoria pública, etc.
A democracia, entre outras cousas, supón que a oposición poida controlar a acción do goberno, para o que debe existir transparencia. Se non existe esa posibilidade de control, os gobernos non poden garantir a defensa do público e antepoñen o seu interés ó de todos.
Por iso, todolos representantes dos cidadáns temos dereito a acceder a documentación municipal, particularmente naquelas actuacións onde se pode considerar que non se axustan á legalidade, como é o caso. Pero, lamentablemente, transcurrido o prazo legal só obtivemos a calada do alcalde por resposta. Non se entregou a documentación á que legalmente temos dereito, nin sequera se contestou á nosa petición. Para o alcalde non existimos. Ese é o respeto que lle merecen ó alcalde os representantes dos cidadáns.
Se non se queré aportar a documentacion de xeito público a traverso dunha comisión. Se se nega o acceso a documentación oficial que probe a versión dos concelleiros ¿ Cal é o procedemento para facela laboura de control do goberno?¿ Como podemos saber si se respectou a Lei e o prodedemento en este caso?. Este secretismo é a proba de que a actuación municipal neste asunto non foi axeitada a Lei e de que o alcalde e o seu Concelleiro de obras, teñen moito que ocultar.
Unha vez máis, ponse de manifesto que a ocultación e a falta de respecto pola legalidade, son tónica xeral na actuación deste goberno, que tanto presume de transparencia e que tan pouco a practíca cando non lle convén.
Sen dúbida, non existe precedente na democracia deste tipo de proceder, que merece toda a reprobación e obríganos a pensar mal sobre o sucedido.