17.12.07

 

O Concello arranxou un campo de fútbol nun terreo particular da Laracha

O 16 de novembro o Partido Popular denuncia que, en plena época preelectoral, o goberno do BNG arranxou un campo de fútbol para a peña da Piña nun terreo dun particular, sen ningunha clase de cesión, e que ademais está situado no Concello da Laracha. O PP deixa claro que está a favor da dotación de infraestructuras a tódalas asociacións deportivas do concello, pero que é a súa obriga denunciar as chapuzas electoralistas. Trala resposta do goberno rehuindo coma sempre as súas responsabilidades, os populares emiten a seguinte nota aclaratoria o 21 de novembro de 2007:


O PP de Carballo di que e falso que houbera ningun acordo entre os concellos de Carballo e A Laracha para a construcción de un campo de futbol

Non existe ningun documento firmado, nin convenio, nin acordo expreso co Concello de A Laracha que recolla a realización das obras realizadas .
Dende o propio Concello de A Laracha negaron a existencia de algun acordo expreso.


Carballo 21 de novembro de 2007 .- O PP de Carballo pode afirmar con rotundidade que é falso que existira un acordo previo a construcción do campo de futbol entre os gobernos municipais de Carballo e A Laracha, tal e como aclararon fontes do concello larachés.

O edil Luis Lamas quere agochar a sua responsabilidade baixo un pretendido acordo insitucional que non existe e ainda no caso que existira non sería posible facelo, por canto esa obra non ten carácter supramunicipal.

Volvese a comprobar unha vez mais como o Sr. Ferrero fuxe de asumir as responsabilidades do seu cargo e culpabiliza a outro concelleiro, en todo caso baixo as suas ordes, cando a delegación de deportes tiña asumida o propio alcalde.

Unha volta mais volve a resultar sorprendente o silencio cómplice sobre este asunto do actual concelleiro de deporte, lembremos en adicación parcial e cobrando do concello, cando se está a poñer en cuestión decisións do goberno que son directamente da sua competencia.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?