17.12.07

 

O bipartito rexeita a comisión de investigación


O 22 de novembro de 2007 o PP de Carballo emite esta nota de prensa:

Pretenden botar terra sobre o asunto

O goberno municipal tenlle ALERXIA Á TRANSPARENCIA
Carballo, xoves, 22 de novembro de 2007.- Esta é a conclusión que se pode extraer, despois do sucedido na Comisión Informativa de Xestión Municipal celebrada onte no Concello de Carballo. Tal e como anunciaramos, o Partido Popular presentou nesa Comisión unha moción por vía de urxencia pedindo a creación dunha comisión de investigación sobre a construccion dun campo de fútbol fóra do término municipal.

O goberno rexeitou a urxencia da moción, e negouse a que poidese ser nin sequera debatida. Só ante a advertencia dos servizos xurídicos municipais de que o PP podería presentar esa moción por urxencia no vindeiro pleno (véndose obligando así ó goberno a debatila), o alcalde incluiuna na orden do día da sesión plenaria. Pero esta inclusión, como demostra o acontencido na Comisión, fíxoa co único fin de manter as apariencias.

Vistos os precedentes de falta de transparencia e ocultación que practica do goberno, moito nos tememos que a moción será rexeitada polo goberno municipal no Pleno. E será unha mágoa, porque este goberno que tanto presume de transparencia e tan pouco a practica, tería agora unha ocasión de ouro para demostrar que é capaz de someterse ó control da oposición, que a súa xestión foi correcta e podería dar, con documentos, tódalas explicacións que demanda a cidadanía sobre unha actuación que non temos dúbidas en calificar como absolutamente irregular, posto que "o exercicio de competencias fora do término municipal conlevará a nulidade radical da actuación por manifiesta incompetencia" (artigo 11.1 da Lei de Administración Local de Galicia).

Para demostrar a súa vontade de transparencia, basta con que o alcalde acepte o mesmo que se fai en tódolos foros democráticos e se cree esa comisión que investigue o sucedido neste asunto. Porque, ¿qué mal hai en saber por qué se fixo unha inversión fóra do término municipal, quen a ordenou, canto costou, qué procedemento administrativo se seguiu, etc.? Se están tan seguros de que fixeron o correcto, ¿qué teñen que ocultar?





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?