17.12.07
O alcalde volve a incumplir os seus compromisos co regulamento de participación cidadá

O 15 de decembro de 2007 o PP de Carballo emite unha nova nota de prensa:
O alcalde sigue sin convocar os Consellos Parroquiais
O PARTIDO POPULAR RECLAMA QUE O GOBERNO MUNICIPAL APLIQUE O REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ APROBADO EN 2006
O PP espera que para a totalidade do proceso se conte coa participacion de todolos grupos e que se adopten acordos por consenso de todalas forzas politicas.
Carballo, 15 de decembro de 2007.- O 11 de xuño de 2004, o Partido Popular presentaba unha moción instando ó goberno municipal a que elaborase un Regulamento de Participación Cidadán, para posibilitar a participación dos veciños nos asuntos municipais. Despois de moitos retrasos do goberno, o Regulamento foi aprobado finalmente polo pleno municipal o 27 de marzo de 2006, é decir, hai 21 meses.A Disposición Transitoria do Regulamento establecía un prazo máximo de 6 meses desde a súa entrada en vigor para que o alcalde convocase as Asambleas de elección dos Consellos Parroquiais. Transcurrido máis do doble do prazo máximo, o alcalde non cumpliu coa súa obriga legal de poñer en marcha estes órganos de participación veciñal, que xa deberan estar funcionando hai un ano –se se respetaran os prazos–, sendo a data límite o 2 de xaneiro de 2007.
Esto non se fixo, pese a que o PP presentou outra moción neste sentido, que foi rexeitada polo goberno municipal argunmentando a proximidade das eleccións municipais.
Segundo o artigo 45, os Consellos parroquiais deben ser renovados dentro dos seis meses seguintes ás últimas eleccións municipais. Como as eleccións tiveron lugar o 27 de maio, o prazo rematou outra vez o 27 de novembro de 2007, incumplindo novamente o alcalde o acordo plenario.
Xa que logo, ante o constante e reiterado incumplimento do alcalde da súa obriga, non nos queda outro remedio que denunciar esta situación, na que de cara a galería e coa propaganda habitual Evencio Ferrero fala moito de participación, pero ésta é inexistente e o na práctica non fai nada por poñer en marcha os mecanismos que a permitirían. O alcalde está paralizando a creación dos Consellos Parroquiais, que xa deberían estar funcionando hai moito tempo.
Por este motivo, o Partido Popular vai presentar, para que se debata no próximo pleno, unha moción pedindo que, dunha vez por todas, se poña en marcha o mecanismo para a creación dos Consellos Parroquiais e de Barrio, e que se teña en conta dende o inicio do proceso a tódolos grupos políticos da corporación, para evitar tentacións de manipulación, aproveitamento da posición de poder e dirixismo por parte do goberno local.
Nun procedemento de estas características e que debe servir para poñer as bases da participación do conxunto da sociedade na vida politica do concello, é fundamental a búsqueda do consenso para que todolos grupos teñan a posibilidade de facer aportacións e que os procesos nazcan coa maior das transparencias e sen sombras.
Nun procedemento de estas características e que debe servir para poñer as bases da participación do conxunto da sociedade na vida politica do concello, é fundamental a búsqueda do consenso para que todolos grupos teñan a posibilidade de facer aportacións e que os procesos nazcan coa maior das transparencias e sen sombras.