17.12.07

 

O alcalde tenta escurrir o bulto na polémica polos soldos


O 20 de outubro de 2007 o PP de Carballo puntualiza os datos que foron publicados no boletín nº 11 de Carballo Popular e que causaron gran polémica:

O Alcalde fala de manipulación pero non pode negala evidencia

OS DATOS FEITOS PUBLICOS POLO PP DE CARBALLO SOBRE AS RETRIBUCIONS DOS CONCELLEIROS DO GOBERNO, FORON FACILITADOS POLA INTERVENCIÓN MUNICIPAL

A realidade é que dende que o Sr. Ferrero é alcalde os soldos dos politicos en Carballo incrementáronse nun 63% e que os carballeses temos que pagar perto de 365.000€ o ano por este concepto.

Carballo, 20 de outubro, 2007.- O Alcalde de Carballo, nun novo intento de xustificar o que ata ben pouco tempo lle parecia inxustificable e abusivo , ven de acusar de manipulación o PP por publicar unha información que foi facilitada polo servizo municipal de intervención económica do Concello de Carballo, polo que está completamente contrastada.

Quén intenta manipular é o Sr. Ferrero cando enseña a "parte" e quére facernos creer que é o "todo". Todolos carballeses saben perfectamente que ós importes que figuran como líquido nas nóminas, hai que sumarlles as retencións do IRPF, ¿ou é que o concello de Carballo non as ingresa?, e para saber o coste de un traballador sumarlle a parte da empresa da cotización a seguridade social , ou ¿é que o Concello de Carballo non lles está a cotizar os señores concelleiros?.

Os carballeses do que están certos é que dende que o Sr. Ferrero é alcalde as cantidades destinadas as retribucións dos concelleiros aumentaron nun 63 %, e que o Concello ten que destinar caseque 365.000 € cada ano a pagar os seus soldos.

O alcade ten que rematar coa sua postura demagóxica respecto a este asunto e explicar porqué si él cobra o mesmo que cobraba no més de abril, os seus concelleiros non fan o mesmo, e aumentaron a sua retribución por facelo mesmo que facian antes.

Ten que aclarar si vai tratar a todolos traballadores do concello de igual xeito que os seus concelleiros, e vaille aplicar os mesmos aumentos de soldo que permitiu para os Srs. Lamas ou Viña, por exemplo.

Ten que explicar porqué están cobrando como titulados superiores todolos concelleiros de Carballo.

Tén que explicar como é que no pasado mandato houbera áreas que non consideraba importantes,porque nin siquer tiñan concelleiro e en este mandato estén a cobrar 18.000 € por media xornada.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?