17.12.07

 

Máis falsas promesas de Touriño con Carballo



O 15 de novembro de 2007 o PP de Carballo emite este comunicado:


Noutra visita para facer propaganda

O Sr. TOURIÑO VOLVE A ENGANAR A CARBALLO DECINDO QUE NO VERAN DE 2008 ESTARA DISPOÑIBLE O POLIGONO INDUSTRIAL

Anuncia que para o verán do 2008 estrá dispoñible o parque empresarial de Carballo, cando ainda non escomenzaron as obras, que teñen un prazo de execución de 18 meses.
Voltou a repetir literalmente as promesas de xulio de 2006 en Laxe, o que demostra que non hai nada feito e todo son promesas.
Voltou a esquezer a peaxe da autopista AG-55, que foi o seu gran compromiso con Bergantiños cando estaba na oposición.

Carballo, 15 de outubro de 2007.- O Presidente da Xunta , o Sr Perez Touriño, voltou a costa da morte a facer unha visita de propaganda, para repetir exactamente as mesmas promesas que fixo fai ano e medio cando presentou o seu plan en Laxe.
O Deputado Alberto Sueiro manifestou que o consello da xunta celebrado en Muxia serviu para comprobar como a falla de consideración e o abandono e a consigna do goberno bipartito coa costa da morte. “ Non soio non atenderon as promesas que facian dende a oposición, senon que nin siquer foron quén de dar rematado, ata o momento ningún proxecto propio, mais alá dos que estaban diseñados polo Plan Galicia para a Costa da Morte, que na sua meirande parte acumulan fortes retrasos.”
O certo é que a dia de hoxe, non existe ningún proxecto novo posto en marcha por este goberno e pola contra a lista de castigos e incumplimentos é notabel :

1. O Parador de Muxia nin siquer ten proxecto de execución, despois de que a xunta retrasase de xeito interesado o plan de sectorización mentras en Muxia gobernaba o PP e agora din que se executará en 18 meses namentras nos orzamentos do estado destinan 1 M€ para 2008.

2. A prometida autovia ata Cee, despois de dous anos de retraso, vaise quedar en Baio. Ata Berdoias será un corredor e do resto hata Cee non se sabe nada de plazos nin da execución. Exáctamente o mesmo que habia en setembro do 2005 para licitar e o bipartito decidiu empezar de novo.

3. A Costa da Morte perdiu a posibilidade de convertirse na capital mundial da piscicultura co abandono dos investimentos de Pescanova e Stolt Farm por mais de 250 M€ que agora están en Portugal e Marrocos e coa a paralización do centro de repoboación de Muxia.

4. O plan de formación específico da costa da morte en xullo 2006 tiña 47.7 M€ en Novembro 2007 increméntase ata 48 M€. O que quer decir que non se executou nada en este ano e medio.

5. As promesas de centros de saude (2), galescolas (7), centros de dia (3 ) e residencia geriatrica en Vimianzo, estan inclumplidas o 100%.

En canto a gran promesa que o PSG-PSOE e o BNG fixeron en todalas campañas electorais respecto a eliminación da peaxe da autopista, nin siquer se referiron a ela namentras en outras zonas de Galicia, están a levantar peaxes ( incluso de vias de competencia estatal) agravando a situación comparativa dos habitantes da Costa da Morte, quén terán que contribuir cos seus impostos a pagar os peaxes de autopistas polas que non circulan.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?