17.12.07
Lamas gastou 69.000 en farolas en plena campaña

O 24 de outubro de 2007 o PP de Carballo emite a seguinte nota de prensa:
Dende a oposición o BNG calificaba estas prácticas coma caciquiles e clientelistas
O MES ANTES DAS ELECCIONS MUNICIPAIS O GOBERNO GASTOU MAIS DE 69.000 € EN COLOCAR FOCOS NAS PARROQUIAS
· O gasto non responde a ningun plan de alumeados nin a ningunha planificación prevista con anterioridade
· O reparto foi totalmente arbitrario e con un claro tufo electoralista
Carballo, a 23 de octubre de 2007.-. Segun consta nas actas da xunta de goberno correpondentes o mes de Maio pasado, o goberno ,nos meses de Abril e Maio, gastou mais de 69.000 € en colocar focos e “puntos de luz” nas parroquias.Ditas actuacións foron executadas, na casi totalidade das ocasións, pola mesma empresa.
Esta e unha mostra máis da nefasta gestión deste goberno, do uso totalmente electoralista e sectario dos fondos públicos e da falta de control na xestión municipal. O goberno non contento con asfaltar as ruas de carballo dous dias antes das eleccións adicouse a facer clientelismo político e o que eles mesmo antes tanto teñen criticado.
Non é casual que se fagan eses investimentos de golpe, todos a un tempo en Maio, sin ningun criterio ni orden, un mes antes das eleccions e cando xa pasaron os meses de inverno que é cando mais falta facian .
E significativo que a día de hoxe moitos veciños veñan denunciando que dende a concellería de obras e servizos do Sr. Lamas se está retrasando a reparación de varios alumeados públicos que están averiados, porque en estos momentos o concello non dispón de presuposto cando nos meses de Abril e Maio non se reparou en gastos en alumeados novos.
O uso arbitrario e caprichoso, sen control de ningunha clase, dos fondos públicos en interes do seu partido, descalifica o BNG que outra volta mais ven a mostras as suas duas facianas, dende a oposición din unha cousa e dende o goberno fan xustamente a contraria.