17.12.07

 

Graves deficiencias na rede viaria municipal

O 27 de outubro de 2007 o PP denuncia a situación das pistas de competencia do Concello de Carballo:

O goberno cobra, pero non traballa

OS VECIÑOS VENSE OBLIGADOS A SINALIZAR OS BACHES QUE O CONCELLO NON ARRANXA

Hai un mes, un veciño sufriu un accidente causado polo mal estado da vía que conduce ó lugar de Cances Grande. Un mes despois, os baches seguen no mesmo sitio

Carballo, sábado, 27 de outubro de 2007.- Diante da desidia do goberno municipal, os veciños vense obligados a sinalizar como poden os perigos para a circulación que supón o mal estado das vías municipais.

O exemplo máis recente témolo en Cances, pero desgraciadamente non se trata dun caso aillado. Hai máis dun mes, un conductor sofriu un accidente e rompiu unha roda do seu vehículo ó pasar sobre un bache (non é o único) existente na estrada principal de Cances Grande. Como se aprecia parcialmente nas fotografías, a estrada presenta un estado lamentable. É unha vía perigosa, sobre todo para quen descoñeza o seu estado de abandono e falta de mantemento.

Como pasaban os días e o Concello de Carballo non facía nada por arranxar o bache, para evitar que outros conductores sofriran máis accidentes, o automovilista, nun xesto encomiable, non tivo outra solución que tapar el mesmo cunhas pedras algún dos buratos da vía e sinalizar algún bache, para o que colocou un cono. Un mes despois, o cono sigue alí, e os baches tamén.

Namentras, o Concello sigue facendo propaganda, ao mesmo tempo que descuida os aspectos mais fundamentais da seguridade. Preguntámonos, ¿para qué nos vale ter o goberno mellor pagado da historia de Carballo, se a ineptitude e o abandono son a tónica dominante? ¿Era esta a eficacia que nos prometían para xustificar os seus soldos astronómicos?





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?