17.12.07
Ferrero segue a vender fume, desta volta co centro de saúde

O 13 de outubro de 2007 o Partido Popular emite a seguinte nota de prensa:
Un “anuncio” para ocultar a falta de traballo e de ideas
O PP CONSIDERA PURA PROPAGANDA O ANUNCIO DO ALCALDE SOBRE UN NOVO CENTRO DE SAÚDE
Carballo, 12 de outono de 2007.- Ante a falla de argumentos solventes o alcalde recurre a propaganda e a “venderlle fume” os carballeses anunciando un futuro centro de saude , do que non ten feito ata o dia de hoxe ningunha xestión.
Para sair do paso anuncia que vai a iniciar un proceso da agrupación de fincas que ainda non está nin plantexado e un futuro centro de saude que non figura en ningún plan nin orzamento da Xunta nin tampouco no plan operativo de ivestimentos do SERGAS. Non hai nada de nada sobre este tema, en outro caso, que aclare públicamente qué xestións se fixeron, ante quén se concretaron e cales son os compromisos acadados.
O Alcalde, agóchase da súa falta de iniciativas, na excusa de que se pode perder unha subvención, sen explicar os carballeses que o plazo “inexcusable” de xustificar dita subvención remata mañán luns, 15 de octubro, e que a dia de hoxe nin siquer empezaron as obras, digo mais, a mesa de contratación que ten que seleccionar a empresa que as execute , está convocada para o dia seguinte a rematar o plazo,martes 16 de octubre. O Alcalde ten que explicar como vai xustificar unha obra que ainda non ten nin contratada.
Propaganda e mala xestión, esas son as características de este goberno. A subvención para as obras do ambulatorio pódese perder pola falla de atividade do goberno que en tres meses non foi quén de empezar unha obra , que agora o propio concelleiro de urbanismo do seu anterior goberno pon en duda.
O Alcalde debe pronunciarse sobre o fondo da cuestión que é cando e como pensa acometer a necesaria ampliación do Centro de saude de Carballo e se a iniciativa presentada é boa ou non desde esa perspectiva, se é acaída para darlle solución a un gave problema de falla de capacidade do actual centro de saude, que é independiente de que , si a Lei o esixe por mor da poboación, xestione un novo centro de saude para a Milagrosa, do que ata o de agora non ten feito nada O Alcalde, en lugar de “inventarse” excusas de mal pagador, agora que o BNG está no goberno de todalas Administracións competentes ( Concello, Deputación e Xunta ) ten que explicar porqué se olvida de conseguir un Hospital comarcal para Carballo.