18.12.07

 

Convócase o I Congreso Local de Novas Xeracións de Carballo

Reunido o Comité Organizador do I Congreso Local de NNXX de Carballo (COC) acórdase:

1- Aprobar o Regulamento do Congreso. (adxunto)

2- Fixar o seguinte calendario:

a) Presentación de candidaturas: deberá presentarse unha solicitude asinada polo candidato a presidir a xunta local, con prazo a contar dende o momento de aprobación deste calendario ata as 18:30 horas do xoves día 27 de decembro de 2007. Deberá presentarse na sede do PP de Carballo. Tan pronto como se reciba a presentación de candidatura, o COC redactará e aprobará a folla de avais de cada candidato.

b) Presentación de avais: únicamente poderán ser cubertos nas follas aprobadas polo COC. O prazo de presentación irá dende as 12:00 horas do sábado día 22 de decembro de 2007 ata as18:30 horas do xoves día 27 de decembro de 2007. Deberán presentarse na sede do Partido Popular de Carballo.

c) Celebración do congreso: terá lugar o día 29 de decembro do 2007, ás 18:30 horas na 3ª planta do Pazo da Cultura de Carballo.

3- Notificar a tódolos afiliados este acordo.

Calquera outra consulta ó COC poderá realizarse no enderezo nnxxcarballo@gmail.com, ou directamente a calquera dos seus membros.


Carballo, a 18 de decembro de 2007

Asinan:
O presidente do COC, Javier Collazo Martínez.
A secretaria, Montserrat Cerqueiro Gesto
Vocais: Javier Ferreiro Añón, Vanessa Antelo Varela, Olga Puñal Fieira




REGULAMENTO DO I CONGRESO LOCAL DE NOVAS XERACIÓNS
DO PARTIDO POPULAR DE CARBALLO

DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.
Un grupo de membros da xunta xestora de NNXX de Carballo acordou solicitar ó Comité Executivo Provincial de NNXX a convocatoria dun Congreso Extraordinario de conformidade co disposto no artigo 28.2 dos vixentes Estatutos de NNXX. Dito acordo foi debidamente ratificado e autorizado polo Comité Executivo Provincial de NNXX.

Artigo 2.
O Congreso Local celebrarase de conformidade co disposto no presente Regulamento, o día 29 de decembro de 2007 na 3ª planta do Pazo da Cultura de Carballo, a partires das 18:30 horas.

Artigo 3.
Encoméndase á Comisión Organizadora, o impulso, coordinación e dirección de todos os aspectos organizativos do Congreso.
A Comisión Organizadora do Congreso debatirá e aprobará a programación do mesmo e ocuparase de dotalo dos elementos persoais e materiais de toda índole que sexan precisos para o bo desenrolo do Congreso. Os seus acordos serán adoptados por maioría.

Artigo 4.­
Corresponden á Comisión Organizadora todas as competencias en materia de organización, funcionamento e resolución de incidencias, competencias que serán asumidas pola Mesa do Congreso unha vez elexida e constituida ésta.

COMPETENCIAS DO CONGRESO

Artigo 5.­
Serán competencias do Congreso:
1º Elexir a súa Mesa Rectora, segundo a proposta formulada ante a Asamblea pola Comisión Organizadora. Esta votación efectuarase polo procedemento de man alzada.
2º Coñecer as Comunicacións e Informes que se presenten ó mesmo.
3º Aprobar a Orde do Día e coñecer as normas contidas no presente Regulamento, que será lido polo Secretario da mesa.
4º Elexir, de entre os afiliados do concello, en lista pechada e mediante votación secreta, o Presidente Local, e demais membros do Comité Executivo Local.
5º A lista máis votada constituirase no novo Comité Executivo Local, ó que se incorporarán os membros natos que regulamentariamente correspondan.
6º No suposto de que se presente unha soa candidatura, a Mesa do Congreso poderá propoñer un sistema de votación distinto do descrito no apartado anterior, de tal forma que quede garantida a maior axilidade no desenrolo da votación e posterior reconto.

DOS COMPROMISARIOS

Artigo 6.­
Son compromisarios todos os afiliados do término municipal de Carballo asistentes ó Congreso, quenes terán a consideración de compromisarios con dereito a voto, nos termos establecidos no artigo 8 dos Estatutos de NNXX.

OUTROS ASISTENTES

Artigo 7
O Congreso poderán asistir todas aquelas persoas que sexan acreditadas polo Comité Organizador coma convidados, observadores ou representantes dos medios de comunicación, a quenes se proveerá da correspondente credencial.

CONSTITUCIÓN DO CONGRESO

Artigo 8
O Congreso local de NNXX quedará validamente constituido o día, lugar e hora da súa convocatoria calquera que sexa o número de asistentes.

DA MESA DO CONGRESO

Artigo 9.­
1°. A Mesa del Congreso será proposta á Asamblea pola Comisión Organizadora e unha vez aprobada entrará en funcións.
2°. A súa primeira actuación será dar lectura á Orde do Día do Congreso.
3°. A Mesa exerce a autoridade do Congreso tendo plenas facultades de interpretación e decisión nas súas resolucións. Todos os acordos adoptaranse por maioría simple.

DA ELECCICIÓN

Artigo 10.­
1º Poderán ser elexidos membros do Comité Executivo Local aqueles afiliados que non estean suspendidos de militancia por calquera causa e a tenor do disposto nos Estatutos de NNGG.
2°. A elección do Comité Executivo Local farase mediante lista pechada e votación secreta.
3°. As candidaturas ó Comité Executivo Local serán presentadas ante a Comisión Organizadora cun mínimo de 48 horas antes do inicio do Congreso e irán avaladas coa firma e número do DNI de cando menos o 35% dos afiliados. Ningún afiliado poderá avalar máis dunha candidatura.
4°. O candidato ou candidatos a Presidente Local farán unha exposición previa á votación, do seu programa e plan de actuación durante o tiempo fixado pola Mesa del Congreso, que determinará tamén a orde de intervencións se huobese máis dunha candidatura.
5°. Rematadas as exposicións dos candidatos efectuarase a votación, sendo válida a papeleta que diga "Dou o meu voto á candidatura encabezada por ... (nome do candidato a Presidente)
6°. Os votantes depositarán a súa papeleta de voto nas urnas habilitadas ó efecto, identificándose previamente co D.N.I. e sendo preceptivo para exercer o dereito a voto figurar no Censo Local de Afiliados.
Para as votacións constituiranse las mesas electorais que se precisen que estarán formadas por un Presidente e un Secretario nomeados pola Comisión Organizadora do Congreso. O candidato ou candidatos poderán designar se o desexan, interventores de mesa.
7°. Finalizada a votación, a Mesa do Congreso realizará o escrutinio dando conta dos resultados ó Congreso e proclamando a candidatura que huobese obtido maior número de votos.
8°. Proclamado o Comité Executivo Local a Mesa dará por pechado o proceso electoral e comenzará o acto de clausura.

Artigo 11.­
O Secretario da Mesa do Congreso levantará acta do resultado do escrutinio e de cantas incidencias se huobesen producido remitíndoa á Secretaría Xeral do Comité Executivo Provincial

Carballo, 18 de decembro de 2007





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?