17.12.07

 

O PP solicita unha comisión para investigar o campo de fútbol da Laracha


O 21 de novembro de 2007 o Partido Popular presenta a seguinte moción:

ALBERTO SUEIRO PASTORIZA, voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Carballo, ó abeiro do disposto nos artigos 91 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presento, para ser debatida no próximo Pleno desta Corporación, a seguinte MOCIÓN instando a CREACIÓN DUNHA COMISIÓN ESPECIAL DE INVESTIGACIÓN SOBRE A CONSTRUCCION DUN CAMPO DE FUTBOL FORA DO TÉRMINO MUNICIPAL DE CARBALLO.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Primeiro.-. O artigo 12.1 da Lei Reguladora de Bases de Réxime local, Lei 7 /1985 de 2 de abril, expresa o ámbito territorial onde é competente a actuación da Administración Local, e polo tanto o territorio susceptible de aplicar os investimentos decididos polos gobernos municipais, cando literalmente dí: “El término municipal es el territorio en que el ayuntamiento ejerce sus competencias.”
No mesmo sentido o artigo 1 do Real Decreto 1690/1986, de 11 de julio, polo que se aproba o regulamento de población e demarcación das Entidades Locais, dí que “el término municipal es el territorio en que el ayuntamiento ejerce sus competencias.”
O Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamiento e Réximen xurídico das Entidades Locales, no artigo 4.1 delimita claramente a actuación dos municipio dentro das súas competencias, cando recolle: “El municipio, la provincia y la isla gozan de autonomía para la gestión de sus respectivos intereses, en los términos de la Ley 7-1985, de 2 de abril, y en su calidad de Administraciones públicas de carácter territorial, y dentro de la esfera de sus competencias, les corresponden en todo caso:…”
Polo que está claro en toda a normativa cal é o ámbito de actuación das corporacións locais no exercicio das suas competencias e atribucións, e a maior abundamento, a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, no capítulo 1, titulado “Do territorio”, no Artígo 11 di:
“1. O término municipal é o territorio onde o Concello exerce as súas competencias.
O exercicio de competencias fora do término municipal conlevará a nulidade radical da actuación por manifiesta incompetencia, salvo nos supostos en que as potestades municipales poidan,ó amparo dunha norma específica, exceder o propio término.”
Polo expresado, caben serias dúbidas sobre a legalidade das actuacións realizadas polos responsabeis municipais fora do término municipal do concello polo que foron elixidos.

Segundo.- É público, e así se ten manifestado por parte do actual concelleiro de obras e servizos e polo propio Alcalde, que o goberno municipal de Carballo ten realizado con fondos públicos un investimento fóra do término municipal, nomeadamente as obras de construcción dun campo de fútbol no concello de A Laracha, o que, en virtude do recollido na normativa citada pode ser contrario a Lei.

Terceiro.- Ao noso grupo non lle consta que para a execución de ese investimento se teña aberto expediente municipl , nin que exista proxecto técnico de execución, nin proposta de gasto realizada polo concelleiro competente, nin se teña aberto o oportuno proceso de contratación e adxudicación, nin de que exista unha cuantificación nin fiscalización, por parte dos servizos municipais, do importe do gasto autorizado nin da existencia de facturas xustificativas de todos os traballos realizados por conta do Concello de Carballo.
Asemade, é preciso determinar a posible existencia de responsabilidades políticas ou de outra índole, para o que resulte necesario determinar con claridade os feitos e a identificación dos responsables.

Polo exposto, sometemos á consideración do Pleno a adopción dos seguintes ACORDOS:

1.- O Concello de Carballo crea a "COMISIÓN INFORMATIVA ESPECIAL DE INVESTIGACIÓN SOBRE A CONSTRUCCION DUN CAMPO DE FUTBOL FORA DO TERMINO MUNICIPAL DE CARBALLO", integrada por tres representantes do Grupo Municipal do BNG, dous representantes do Grupo Municipal do PP, ,un representante do Grupo Municipal de TEGA e un representante do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE. A Comisión estará vixente ata aprobación das súas conclusións.

2.- Esta comisión terá por obxecto investigar e clarexar a participación do equipo de goberno municipal de Carballo na construcción dun campo de futbol fóra do término municipal de Carballo, nomeadamente no Concello de A Laracha; así como determinar as posibles responsabilidades políticas ou doutro tipo que poideran derivarse destes feitos.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?