17.12.07

 

Ante o caos de xestión, o PP solicita que o goberno rinda contas pola Casa dos Oficios

O 16 de outubro de 2007 o grupo popular de Carballo fai pública a seguinte iniciativa:

Ante a falla de noticias do goberno neste tema

O PP SOLICITA O GOBERNO QUE DE CONTA NO PLENO DO ESTADO DAS OBRAS DA CASA DOS OFICIOS

Rematado o plazo de 3 anos e medio que o propio goberno se fixara, é importante dar conta do futuro de ese proxecto.
O anterior concelleiro de emprego sembrou duvidas e afirmou nos medios de comunicación que non hai compromisos da Xunta sobre esta obra


Carballo, 15 de outubo de 2007.- O grupo municipal do PP ten presentado o alcalde de Carballo unha solicitude para que nas vindeiras comisións informativas e no vindeiro Pleno da corporación municipal o goberno explique en que estado de execución se atopan as obras da Casa dos Oficios e cales son as previsións económicas e financieras e os plazos de remate de dita obra.

Para presentar dita información o PP solicita que comparezcan na comisión, do mesmo xeito que se fixo cando se presentou o proxecto, os técnicos responsabeis de dito proxecto asicomo tamen comparezca a concelleira de emprego e formación no pleno da corporación para explicar cales son as previsións de remate das obras que manexa do goberno de e cales son os comprosisos e os acordos con outras administracións para a sua financiación.

O PP que apoia ,e ten traballado no pasado para axudar ó goberno na precura de apoios para a Casa dos Oficios, entende que dende o goberno deben sair o paso das manifestacións feitas polo anterior concelleiro de emprego e responsable das obras, para desmentilas e aclarar as duvidas verquidas sobre o futuro do proxecto, sobre o apoio dende a Xunta para rematar as obras e se existen problemas coa concesión da escola taller que se ten anunciado para darlle un novo pulo as obras.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?