17.12.07

 

Alberto Sueiro reclama no Parlamento garantías para o transporte público

O día 2 de outubro de 2007 o deputado autonómico e líder do PP carballés, Alberto Sueiro, presenta a seguinte moción para a defensa do transporte público en Bergantiños:

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, ao abeiro do artigo 160 do Regulamento da Cámara e a iniciativa dos deputados D. Alberto Sueiro Pastoriza, D. Diego Calvo Pouso e D. Manuel Ruiz Rivas presentan a seguinte Proposición non de Lei en Comisión sobre a situación do transporte público de viaxeiros en Bergantiños e a Costa da Morte.

Exposición de motivos

No pasado mes de xullo , materializouse a segregación definitiva dos servizos de transporte público de viaxeiros que, dende fai tempo, viña prestando a empresa ARRIVA, SA sucesora das empresas Transportes Finisterre S.A. e Trolebuses Coruña –Carballo S.A nos concellos de Bergantiños e a Costa da Morte.

Dita modificación nas empresas que prestan ditos servizos, que lembremos son a única opción de transporte público de viaxeiros que existe nesos concellos entre eles e coa cidade da Coruña, ten provocado un moi notable emperoramento nas condicións e nas posibilidades reais de desplazamento dos habitantes de todos esos concellos.

Por todo isto os deputados que asinan esta iniciativa presentan a seguinte Proposición non de lei en Comision:

“ O Parlamento insta a Xunta de Galicia a :
Que dende Conselleria de politica territorial, Obras Públicas e Transportes, se acometa de xeito urxente, nun plazo non superior a seis meses, a posta en marcha de un plan de transporte público de viaxeiros que garanta - con un servicio de calidade- as liñas, os itinerarios e as frecuencias que os concellos de Bergantiños e a Costa da Morte precisan.

Asdo. Alberto Sueiro Pastoriza Asdo. Manuel Ruiz Rivas

Deputado do Grupo Popular Deputado do Grupo Popular

Asdo. Diego Calvo Pouso
Deputado do Grupo Popular





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?