24.9.07
A sinalización sufre o abandono municipal

O 8 de agosto de 2007 o Partido Popular denuncia a situación das sinais correspondentes ó Concello de Carballo:
Algunhas son ilexibles pola suciedade e a falta de mantenemento
O PP DE CARBALLO RECLAMA O GOBERNO QUE FAGA A LIMPEZA E O MANTENEMENTO DAS SINAIS DO CONCELLO
· Alguns dos indicadores das parroquias están sin limpar dende fai anos e a suciedade impide a sua lectura.
· A imaxen de abandono e a falta de cuidado dos indicadores é mais que apreciable en casi todo o concello.
· O Concello presume de facer campañas de turismo gastando sen control en folletos e pancartas, para desatender o mais básico , danando a imaxe xeral do Concello.
Carballo, 8 de Agosto de 2007.- O PP denuncia o lamentable estado de conservación que sufren os inidicadores das parroquias, e en xeral, do conxunto dos sinais municipais de Carballo, que lonxe de estar limpos e ben cuidados, dan unha imaxe de suciedade e abandono que deixa en mal lugar o noso Concello.
No verán a epoca do ano que por excelencia é cando se producen mais desplazamentos e se celebran mais festas, todos os que visiten ou circulen polas estradas do noso concello comproban o mal estado que presentan os sinais indicadores das distintas poboaciones e lugares . Ademais da sua función principal informativa, os sinais tamen representan un exemplo do cuidado no que se deben de ter as propiedades municipais, que no caso de Carballo è claramente deficiente.
Son moitos os veciños e visitantes que nos ultimos dias teñen comentado esta cuestión que menoscaba gravemente o prestixio do noso concello e transmite unha idea de abandono e falta de limpeza impropia de un concello da importancia de Carballo.
O PP exixe do goberno municipal que tome medidas de inmediato e dispoña o necesario para facer a limpeza e conservación dos sinais e demais indicadores de competencia municipal, para que se resolva este prob lema , que xa non se tiña que ter producido si se fixese unha politica de mantenemento rigurosa e se marcasen os obxetivos dunha politica de promoción do concello seria .
saudos
saudos