22.9.07
Resultados do concurso de ideas do túnel
No mes de abril Novas Xeracións de Carballo convocaba un concurso de ideas baixo a pregunta "¿qué facemos co túnel da rúa Coruña?". Ó longo deste tempo temos recibido numerosas respostas por distintos medios, algunhas das cales resumimos agora:- Convertilo nun parque acuático.
- Facer unha biblioteca subterránea coma as de Londres.
- Convertilo nun pub ou discoteca, igual que en Europa se fai cos búnkeres da 2ª Guerra Mundial por ser demasiado caro demolelos.
- Empregalo como depósito de auga para a nova traída que prometera o goberno.
- Facer unha plantación de cogumelos.
- Circuito subterráneo de carril-bici.
- Continuación do "tramo navegable" do río Anllóns que no seu día inaugurara Manuel Andrade.
- Aloxar aí o hospital comarcal que sempre prometiu Evencio Ferrero.
- Unha nova piscina cuberta.
- Aloxar aí o cemiterio nuclear para o que o goberno pedira información.
- Descubrilo e enchelo totalmente de auga para facer os "xogos acuáticos" coma os que facían os romanos no circo.
- Convertelo en destino turístico e dar parte a tódolos medios de comunicación para que veñan a ver o único túnel do mundo sen entrada nin saída.
Ideas gañadoras:
No apartado humorístico, a idea elexida coma gañadora foi a que fixo Alfonso Rueda no mitin do pavillón Bergantiños: aproveitalo coma primeiro tramo do metro de Carballo.
En canto ás propostas en ton serio, a escollida como gañadora é: non facer nada e deixar o túnel como está, como monumento para a memoria do que se fixo, cunha placa explicativa.
Moitas gracias a tódolos participantes