24.9.07

 

Os postes da luz invaden a estrada en Oza

O 21 de agosto de 2007 o Partido Popular de Carballo emite esta nota de prensa:

Os postes supoñen un verdadeiro risco para a circulación pola noite nunha zona especialmente afectada por néboas intensas.


O PP DE CARBALLO SOLICITA O GOBERNO QUE RETIRE DE XEITO INMEDIATO OS POSTES DA LUZ QUE INVADEN A ESTRADA EN OZA.


· Os postes da luz que quedaron no medio da estrada, despois das obras de construcción das beirarruas en Oza, constituen un risco para a circulación .
· A unica sinalización do perigo son unhas cintas rotas e unha escasa e inapropiada pintura rosa sobre os postes.
· A intensa circulación que sofre esa vía e a continua existencia de néboas, sobre todo nocturnas, convirte ese tramo en especialmente perigoso.
· Varios conductores teñen denunciado a situación sin que se teña tomada ningunha medida o respecto dende o goberno municipal

Carballo, 21 de Agosto de 2007.- Despois das obras de construcción das beirarruas na parroquia de Oza,na estrada Carballo- Razo,quedaron invadindo a calzada unha serie de postes do tendido eléctrico, mesmo na metade das curvas.
Cando todos pensabamos que dita situación sería provisional, estamos a comprobar como pasan os meses e os postes continuan ne mesmo lugar sen que se teñan adoptado ningunha medida o respecto.
Nunha estrada que no verán multiplica o número de usuarios e especialmente afectada por intensas néboas, a existencia de ditos postes, constituen un risco e un obstáculo inaceptabel para os condutores e os usarios da vía.
Por outra banda a inapropiada sinalización, con unhas cintas de plástico e pintura rosa, totalmente allea as normas sobre sinalización viaria, e a ausencia de balizas luminosas que advirtan do perigo os conductores está a aumentar o risco de accidentes en esa estrada.
O PP de Carballo solicita do goberno que actúe con celeridad, atendendo as reiteradas demandas de usuarios da vía e proceda o arranxo inmediato da situación ou cando menos a correcta sinalización do perigo existente.
Saúdos.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?