24.9.07

 

O goberno fai "novillos" en agosto

No mes de agosto de 2007, e xusto despois de aprobar as 8 adicacións exclusivas, o novo goberno local decidiu non celebrar pleno. Este feito foi denunciado polo Partido Popular:

Continúan as malas prácticas do anterior goberno.
O PP denuncia a non celebración do pleno ordinario da corporación municipal correspondente o mes de agosto.

- O alcalde incumple, de novo, un acordo plenario o non convocar ó pleno da corporación.
- En xullo apuntaronse a cobrar o soldo, en agosto queren estar de vacacións.

Carballo, 26 de agosto 2007 .- O luns 27 de agosto, seria o dia convenido para celebrar o pleno ordinario da corporación municipal de Carballo, en cumplimento do acordo plenario da propia Corporación. Sin exixtir ningun tipo de razón que o impida, o alcade, de novo outra volta mais, decide non convocalo e dese xeito eliminar a oportunidad dos grupos politicos de exercer o seus dereitos de control, impulso e fiscalización da acción do goberno.

Este tipo de decisións, que non son novas, son especialmente relevantes no actual mandato, onde existen oito concelleiros con adicación o concello e polo tanto hai que supor unha maior actividade politica e administrativa e non se podra alegar falta de asuntos que tratar, nin escudarse nas vacacións do alcalde.

E moi criticabel que con unha plantilla tan numerosa, e tan ben retribuida, o concello no mes da agosto sufra esta paralización e resulta impresentabel que o primeiro soldo de moitos concelleiros no concello, sexa para disfrutar as vacacións de agosto.

A situación actual é significativametne distinta a de todalas corporacións anteriores, que nunca dispuxeron de tantos "efectivos"e polo tanto non hai excusa para a non celebración do pleno ordinario, máxime cando non hai mais de un més que se adoptou un acordo plenario que obrigaba a convocatoria mensual da corporación, sin existir ningún tipo de limitación nin exclusión.

O Alcalde continua na senda da propaganda sin limite e de ter duas caras, invalidando cos feitos o seu discurso, cara a galeria, da participación e o diálogo permanente coas forzas políticas ao impedir que se celebre a sesión na que todolos grupos teñen o dereito democrático de participar e de coñecer ou preguntar pola situación dos asuntos municipais.

Saúdos





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?