16.7.07

 

O campo das Eiroas, novo exemplo das falsas promesas do alcalde

O día 14 de xullo de 2007 o Partido Popular de Carballo ofreceu unha rolda de prensa acerca da situación do céspede do campo de fútbol municipal das Eiroas.
Este terreo de xogo, de tipo artificial, presenta dende hai tempo un estado de deterioro que dificulta a práctica do fútbol e que ten espertado numerosas críticas dende os clubes que o empregan, especialmente o Bergantiños. Este problema supón un handicap para que futbolistas de calidade accedan a fichar polo equipo carballés, e tamén unha dificultade engadida para acadar un bo nivel de xogo.


A tal respecto, o alcalde de Carballo ten anunciado e prometido en multitude de ocasións, coa visita de cargos da Xunta incluída, o inmediato arranxo do terreo de xogo, mais cando os nosos equipos están a piques de comezar a pretemporada, a situación segue sendo a mesma, e as promesas electorais de Ferrero confírmanse de novo coma falsas.


A rolda de prensa foi ofrecida por Alberto Sueiro, Margarita Varela, Juan Carlos Castro e Ricardo Serrano.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?