16.7.07

 

O BNG gaña as eleccións en Carballo

Nas eleccións municipais celebradas o día 27 de maio, o Bloque Nacionalista Galego resultou ser o gañador acadando un total de 9 concelleiros. Nunha xornada con participación inferior á de hai 4 anos, o Partido Popular acadou 6 concelleiros, por 3 de Terra Galega e outros 3 do Partido Socialista.
Os concelleiros populares que formarán parte do consistorio serán Alberto Sueiro, Moncho Antelo, Margarita Varela, Juan Carlos Castro, Esperanza Pan e Ricardo Serrano.

Como resultado das negociacións posteriores, tense formado un goberno de coalición entre BNG e PSOE, onde Evencio Ferrero seguirá sendo o alcalde, e José Antonio Viña primeiro tenente de alcalde.






<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?