4.5.07

 

O xulgado suspende as oposicións de asesor urbanístico

O 17 de abril de 2007 o PP de Carballo emite unha nova nota de prensa:

O PP pedíralle no pleno o goberno que rectificasen e optasen pola legalidade e a transparencia

O Xulgado do Contencioso-Administrativo de A Coruña suspende as oposicións de asesor urbanístico do Concello de Carballo

Carballo, martes, 17 de abril de 2007.- O Xulgado do Contencioso-Administrativo de A Coruña dictou un Auto, notificado hoxe, polo que decreta a suspensión das oposicións de asesor urbanístico, no recurso contencioso presentado polo Partido Popular o 28 de febreiro pasado, contra as Bases aprobadas polo goberno municipal.
O recurso solicitaba a suspensión cautelar do proceso selectivo, con base no informe xurídico do Secretario municipal, fundamentalmente en dous aspectos:
1. A existencia de desviación de poder, xa que o sistema de selección escollido polo Concello non perseguía a selección do mellor candidato (concurso-oposición), senón discriminar posibles candidatos premiando méritos que iban orientados a puntuar requisitos concretos e determinados.
2. O carácter eliminatorio do exercicio de galego, o que implicaban unha imposibilidade real de que poideran presentarse todolos aspirantes que quixeran.
Os fundamentos nos que se basaban as alegacións son :
· Que as Bases serían nulas de pleno dereito, polas ilegalidades expostas;
· Que a celebración do proceso selectivo, e posterior anulación, causaría ós afectados perxuizos de moi difícil ou imposible reparación;
· que, de continuar adiante o proceso selectivo, existiría un posible perxuizo para o interes público, posto que as Bases impedían na práctica participar a outras personas;
· que o recurso presentado presenta unha “apariencia de bo dereito”, é decir, indicios racionales de que as alegacións son correctas e teñen fundamento legal.

Así o considerou tamén o Xulgado, e en consecuencia acordou estimar a petición do PP sin esixir prestación de fianza, e suspender a executividade das indicadas Bases de selección.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?