4.5.07

 

O BNG reclama melloras que logo rexeita no Parlamento

O 11 de abril de 2007 o Partido Popular denuncia o engano ó que o BNG somete ós veciños da Bugalleira:


A Consellería de Politíca Territorial respostou en varias ocasións que non variará ó proxecto e que ten prevista a circunvalación a largo plazo.

O PP PIDE OS DEPUTADOS DO BNG QUE NON SIGAN A ENGANAR AOS VECIÑOS DA BUGALLEIRA

Carballo, mércores, 11 de Abril de 2007.- Alberto Sueiro, Deputado autonómico, ven de denunciar unha vez máis a actitude cínica do BNG en torno á construcción e o arranxo da vía Buño-Ponteceso, querendo enganar de novo aos veciños e desviando a sua responsabilidade cara a unha consellería do goberno do que forma parte, sendo especialmente graves as suas actitudes tendo en conta que foron feitas polo voceiro do grupo parlamentario nacionalista.

Deben lembrar os veciños que o BNG é membro do goberno da Xunta e por tanto co-responsable da sua actuación. É lamentable que se escuden en excusas infantís de que "non lle contestan dende a Consellería" ou que vai a "presentar iniciativas para que se tomen cartas no asunto", porque enton todas as promesas e visitas que fixo ata agora ¿para qué foron?.

Alberto Sueiro quere denunciar a estratexia do BNG de facer propaganda en Bergantiños, anunciando a presentación de iniciativas no Parlamento en torno o peaxe da AG-55 ou as obras da AC-414, que despois non son incluidas nas ordes do día dos órganos do Parlamento, no que tamén é parte da maioría, polo que nunca se chegan a debatir.

O BNG terá que explicar porqué engana reiteradamente os veciños facendo de oposición e de goberno, defendendo unha cousa na Bugalleira e Tella e non facendo nada por cumprir os seus compromisos dende o goberno da Xunta do que forma parte.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?