4.5.07

 

O alcalde mentiu ós carballeses coas asambleas parroquiais

O día 27 de abril o PP de Carballo denuncia en nota de prensa a estafa do alcalde de Carballo, que un ano despois de terse aprobado o Regulamento de Participación Cidadá, non ten convocado nin unha soa asamble parroquial:


O ALCALDE DE CARBALLO NON QUERE CONVOCAR AS ASEMBLEAS PARROQUIAIS

Carballo, venres, 27 de abril de 2007.- Hai máis dun ano –concretamente, no Pleno celebrado o 27 de marzo de 2006–, aprobouse o Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Carballo.
Neste Regulamento establecíase a constitución de Consellos Parroquiais e de Barrio (definidos no Regulamento cmo órganos de participación, consulta, información, control e propostas de xestión municipal, integrados por veciños e asociacións), así como a elección de Conselleiros Parroquiais. Cada Asemblea Parroquial (art. 53), elexiría ó seu Conselleiro Parroquial ("é o representante do Concello de Carballo na parroquia", artigo 43 do Regulamento).
Segundo o Regulamento, o alcalde dispoñía dun prazo máximo de 6 meses -desde a entrada en vigor do Regulamento- para convocar as Asembleas Parroquiais que elexirían ós Consellos Parroquiais e ó Conselleiro de cada parroquia ou barrio. Ese prazo xa hai moito tempo que pasou, e o alcalde non fixo nada. Hai máis dun ano que se aprobou o Regulamento, e o alcalde non moviu nin un dedo para convocar as Asembleas Parroquiais, como era o seu deber legal. En consecuencia, non existen Consellos nin Conselleiros Parroquiais. Esta canle de participación cidadán está obstruida pola inacción de Evencio Ferrero, probablemente porque é consciente de que as Asambleas Parroquiais non elexirían a Conselleiros do agrado do equipo de goberno. Co seu afán por controlar á sociedade, prefire que esta non fale.
Unha vez máis, comprobamos cómo as promesas do goberno se quedan en puro fume. Toda a participación cidadán prometida por este goberno quedouse en auga de borralla. Lonxe de propiciar a participación, o goberno amordaza ós cidadáns críticos. A realidade é teimuda: o alcalde e o seu goberno non deixan de poñer tódolos atrancos posibles. Así vemos como o PP ten que acudir ó Valedor do Pobo para poder exercer os lexítimos dereitos que corresponden a calquer concelleiros, pois nin sequera podemos ver os expedientes municipais; e vemos cómo, un ano despois, o Regulamento de Participación convertiuse en letra morta, por obra e gracia deste goberno, que o único que fai é propaganda.
Xa que logo, instamos ó alcalde a que cumpla as súas promesas e a normativa aprobada en Pleno, e convoque con carácter inmediato os Consellos Parroquiais e de barrio para a elección dos Conselleiros de cada parroquia. Tivo tempo dabondo ata agora, e non aceptaremos excusas.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?