4.5.07

 

Foto oficial da candidatura


Os compoñentes da candidatura do Partido Popular de Carballo para as próximas eleccions municipais, xuntáronse o día 19 de abril para face-la foto oficial no paseo do Anllons.
Este paseo, que foi unha iniciativa do goberno do PP de Manuel Varela, quén encargou a redacción do proxecto técnico e acadou a financiación para a sua execución é unha mostra do modelo urbano do grupo popular para Carballo
Con esta foto o grupo popular quere poñer de manifesto a importancia de este paseo para todolos carballeses e deixar en evidencia a pasividade e falta de eficacia do goberno tripartito que en catro anos ainda non remataron os traballos para poñelo a disposición de todolos veciños .
O PP comprométese a continuar dende o goberno co plan de humanización de Carballo, e a incrementar os espacios verdes con novas sendas peatonais e a continuación do paseo do rego da balsa cara ó muiño da pintura.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?