4.5.07

 

Decídete X Carballo - Decídete X Alberto Sueiro

O sábado 14 de abril o Partido Popular realizou a presentación oficial da súa candidatura ás eleccións municipais de 2oo7. Perante as máis de 600 persoas que ateigaron o salón de actos do Pazo da Cultura, o candidato e futuro alcalde Alberto Sueiro presentouse en primeiro lugar a si mesmo, e despois ás outras 20 persoas que configuran a lista electoral. Nun formato orixinal, moderno e que entusiasmou ó público, Sueiro desgranou os fíos fundamentais do proxecto popular para Carballo e un por un foi descubrindo ós membros dunha grande candidatura que ten por obxectivo ser doutra volta máis a forza máis votada en Carballo. O lema da campaña será "Decídete por Carballo", e as liñas fundamentais serán estas:


Decídete por Carballo. Decídete por Alberto Sueiro
A candidatura de Alberto Sueiro presenta unha mensaxe dirixida a tódolos Carballeses, que se resume nun único principio: “Carballo é o noso obxetivo e os carballeses os nosos aliados”
Plantéxase unha proposta política que descansa en catro pilares centrales:
- Pertenza a un partido sólido, con experiencia de xestión e proposta política definida.
- Capacidade de xestión, liderazgo, e traxectoria profesional dos membros da candidatura.
- Renovación e experiencia alíanse nun equipo de traballo: o noso candidato e a nosa candidatura representan aos Carballeses do século XXI
- Unha proposta sólida, realista e concreta: con ideas específicas, centradas en Carballo, nos seus cidadáns e na sua posición dentro da nosa Comunidade.
Unha proposta que persigue un obxetivo estratéxico: Conquerir o impulso e apoio de tódolos cidadáns pra facer de Carballo a octava cidade de Galicia de tal xeito que Carballo será un referente dentro e fora de Galicia.
Presentamos unha proposta dirixida o conxunto dos carballeses, solicitando a sua participación e a súa implicación a prol do obxetivo común. Un proxecto que nazca do sentimento de orgullo de pertenencia a esta cidade. Estamos no momento de toma-la decisión correcta para sumar todolos esforzos. É o momento de decidirse por Carballo.
RENOVACION - XESTION - EXPERIENCIA
Son as tres definicións principais da candidatura:
Presentamos unha candidatura renovada que aporta enerxia positiva, impulso e carácter emprendedor.
Presentamos un grupo de persoas que teñen acreditada na sua vida laboral e profesional capacidade de xestión de organizacións empresariais e colectivos sociais. A experiencia de persoas que teñen desempeñado importantes responsabilidades políticas e que acreditan unha traxectoria persoal de vinculación e participación no movemento asociativo de Carballo.
A lista electoral completa é a seguinte:
1.- ALBERTO SUEIRO PASTORIZA 2.- RAMON ANTELO VEIGA 3.- MARGARITA VARELA LEMA 4.- JUAN CARLOS CASTRO POMBO 5.- MARIA ESPERANZA PAN COLLAZO 6.- JESUS RICARDO SERRANO TASENDE 7.- CARLOS REYES PEREIRA 8.- JOSE ANTONIO PEREZ VARELA 9.- MATILDE ANA GESTO RODRIGUEZ 10.- MONSERRAT CERQUEIRO GESTO 11.- HECTOR GARCIA ANDRADE 12.- MARIA DEL PILAR SANTOS MUÑIZ 13.- JOSE ANTONIO BOLON MORALES 14.- ALBERTO POSE TABOADA 15.- MARIA SOLOME RODRIGUEZ FERNANDEZ 16.- OSCAR LUIS ALONSO RAMOS 17.- MARIA JOSE FACAL DIAZ 18.- JOSE JAVIER FERREIRO AÑON 19.- MARIA CARMEN FIDALGO PEREIRA 20.- MARIA BELEN MATO POMBO 21.- MANUEL VARELA REY Suplentes: 1.- JOSE DANIEL MUIÑO GARCIA 2.- JOSE LUIS CASTRO COUTO 3.- ANA CANTELAR GARCIA 4.- JOSE LUIS TASENDE GONZALEZ 5.- MONSERRAT NOYA AÑON 6.- JAVIER COLLAZO MARTINEZ 7.- MATILDE CURBELO RODRIGUEZ 8.- JUSTO MANUEL MARTINEZ BALVIS 9.- MONICA MARIA AÑON CAAMAÑO





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?