4.5.07
Admitida a queixa do PP ante o valedor
O VALEDOR DO POBO ADMITE A QUEIXA PRESENTADA POLO PARTIDO POPULAR DE CARBALLO
Carballo, martes, 10 de abril de 2007.- O Valedor do Pobo, José Ramón Vázquez Sandes, comunicou a aceptación da queixa presentada semanas atrás polo Partido Popular de Carballo, relativa ós atrancos postos polo Alcalde para poder ter acceso á documentación municipal, que nos impide cumplir coa nosa lexítima función de representantes dos cidadáns.
En consecuencia, o Valedor require ó Concello para que lle remita o preceptivo informe.
O escrito remitido ó PP polo Valedor do Pobo di así:
"Recibido nesta Institución o seu escrito de queixa que deu lugar ó expediente referenciado, foi rexistrado, como vostedes saben, co número arriba indicado.
Unha vez estudada a súa queixa dámola por admitida ó entender que reúne os requisitos formais recollidos no artigo 18 da Lei do Valedor do Pobo, e que atopa, en principio cobertura constitucional derivada dos artigos 231. e 103.1 da Constitución. En consecuencia, coa data de hoxe iniciámo-las actuacións oportunas ante o Concello de Carballo. Axiña que recibámo-lo preceptivo informe que este Concello ten que remitirno, poñerémonos en contacto con vostedes."