5.3.07
A Xunta incumpre os compromisos con Carballo
O 5 de marzo o PP denuncia de rolda de prensa os incumprementos da Xunta bipartita con respecto á travesía e a outras obras en Carballo.
O Partido Popular denuncia a incapacidade do alcalde do BNG de cumpri-la súa palabra
O GOBERNO MUNICIPAL CONSINTE QUE A XUNTA MALTRATE A CARBALLO

Alberto Sueiro cualifica de insultante a proposta da Xunta sobre a Travesía de Malpica e a terceira fase da Travesía Principal.
Carballo, 5 de marzo do 2.007. O candidato do Partido Popular á alcaldía de Carballo criticou a actitude do Goberno Local ante o convenio que lle propuxo a Consellaría de Política Territorial para as obras da Travesía de Malpica. Alberto Sueiro denuncia que o alcalde do BNG e os seus socios de goberno semellan dispostos a consenti-lo maltrato que a Xunta lle está infrinxindo a Carballo. O Goberno bi-partito fíxolles unha proposta de convenio para o arranxo da Travesía de Malpica con seis veces menos cartos do que custa a obra. Segundo Sueiro, queren que os carballeses “traguen” con 300.000 euros fronte ó 1.800.000 euros necesarios para o arranxo e posta ó día desta importante vía de comunicación.
Ademais, o candidato popular fai especial fincapé en que a proposta da Xunta suporía a paralización das obras da terceira fase da Travesía Vázquez de Parga. Sueiro denuncia que o convenio que quere impoñerlle o Goberno do BNG e o PSOE obrigaría ós carballeses a pagar o importe íntegro desta obra. Alberto Sueiro lembrou que a primeira e a segunda fase desta estrada foron financiadas pola Xunta do Partido Popular.

ESCANDALO
O líder do PP de Carballo recordou que o pasado mes de setembro o alcalde do Bloque fixera un compromiso público para levar adiante a obra; algo que o tempo encárgase de desmentir. Alberto Sueiro asegura que unha vez máis queda demostrada a falta de compromiso con Carballo do actual goberno municipal e da Xunta de Touriño e Quintana.
PESO DO TRIPARTITO
Sueiro dixo tamén que con estes feitos queda amosada públicamente a falta de peso político que ten o alcalde do Bloque e os seus socios de goberno. Lembrou que cando o Partido Popular gobernaba en Carballo a Xunta atendía as demandas dos carballeses, como proban neste caso o financiamento das devanditas primeira e segunda fase da Travesía.