13.3.07
O tripartito saca o enésimo coello da chisteira: un parque natural en Santa Lucía

O 13 de marzo de 2007 o PP de Carballo fai pública unha nova nota de prensa:
Portos deportivos, Campos de golf, cidades deportivas, bosque do Añon. Hospital comarcal.
O PARQUE NATURAL DE SANTA LUCÍA OUTRO ENGANO DO GOBERNO TRIPARTITO
O PARQUE NATURAL DE SANTA LUCÍA OUTRO ENGANO DO GOBERNO TRIPARTITO
Carballo, 13 de marzo.- O goberno tripartito incapaz de presentar o remate do seu mandato ningún proxecto propio finalizado, lembremos que os que están feitos ata o de agora e os próximos a rematar ( agás o tunel da rua Coruña) eran proxectos do anterior goberno, adícase a publicitar proxectos dos que non teñen feito nin un soio documento e que non teñen ningun respaldo legal, nin técnico nin financieiro.
O goberno mostra a sua faciana mais electoralista e oportunista por canto un día nos falan do bosque do añon coma o gran pulmón de Carballo e o seguinte da construcción de un “parque natural”, para o que non se ten feito ningunha xestión conducente a materializar ese proxecto, non ten ningún acordo cos propietarios, non se fixo ningunha consulta cos veciños afectados e nin siquer existe ningúnha proposta de modificación urbanística nin documento técnico nin financieiro que avale a proposta e a proba mais concluinte do engano é que nos orzamentos para 2007,que presenta o goberno, non aparece nin mencionado este proxecto e, obviamente, non se lle destina nin un euro.
A posibilidade de facilitar un desenvolvemente urbano axeitado, respetuoso co medio natural e que combine de xeito equilibrado o aproveitamento urbanistico privado co aumento de superficie de suelo público é unha alternativa que, xa dende o primeiro momento, se ten plantexada polos propietarios dos terreos, pendente de facer o oportuno desenvolvemento urbanístico do proxecto.
Dende o PP se apoiará o aproveitamento dese ámbito, si é posible a modificación puntual do PXOUM, para a creación de un gran parque público urbano, con unha ordenación urbanística que afecte o todo conxunto dese ámbito integrándose na malla urbana de Carballo conciliando e respetando os lexítimos intereses privados coas necesidades dos actuais veciños de ese entorno e do conxunto dos Carballeses.