1.4.07

 

O PP oponse á construcción dun parque eólico no concello


O 1 de abril de 2007 o PP de Carballo presenta unha moción solicitando que o Concello presente as oportunas alegacións contrarias a construcción do Parque Eólico "Pedrarrubia".


ALBERTO SUEIRO PASTORIZA, portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, ó abeiro do disposto nos artigos 91 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presento a seguinte MOCIÓN instando ó Concello de Carballo a que formule alegacións contra a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e estudio de impacto ambiental, das instalacións electromecánicas do PARQUE EÓLICO PEDRARRUBIA, no tocante ó término municipal de Carballo:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

No Boletín Oficial da Provincia nº 58, do día 12.3.2007, publicouse o anuncio polo que se somete a información pública (abríndose o prazo de 30 días para presentar alegacións), a solicitude de autorización administrativa para as instalacións electromecánicas do Parque Eólico Pedrarrubia, que se ubicarái en terreos dos municipios de Carballo e A Laracha, e constaría de 13 aeroxeneradores de 2000 KW de potencia cada un, montados sobre fuste tubular metálico de 80 m de altura e rotores de 93 m de diámetro.

O impacto que a instalación do devandito parque eólico poderái causar na ordenación urbanística, paisaxística e turística de Carballo, sería grande e moi negativo. Carballo é un dos poucos concellos aínda libre de instalacións deste tipo, que provocan un forte impacto visual e outras consecuencias negativas, sen deixar apenas beneficios no territorio onde se ubican.

Esta situación de privilexio de que gozamos en Carballo veríase alterada no caso de ser autorizada esta instalación pola Xunta de Galicia.

En primeiro lugar, dacordo co artigo 11 do Decreto 80/2000, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, derívase a obligatoriedade da prevalencia deste tipo de proxectos sobre as determinacións do planeamento urbanístico vixente.
o Esto supón clasificar como Solo Rústico de Especial Protección de Infraestructuras un ámbito de 648 Hectáreas, deixando todo o ámbito afectado destinado cáseque en exclusiva para a instalación de aerogeneradores, coa repercusión paisaxística e medioambiental que iso pode supoñer.
o Ademáis, dentro do ámbito previsto sitúanse os núcleos de Os Canedos e O Seixo, coas afectacións de todo tipo que o parque eólico pode supoñer para os mesmos.
o Tamén se vería afectado o circuito municipal do motor, situado dentro do mesmo ámbito.
o Afectaríase a tres xacementos arqueológicos non inventariados (tres túmulos megalíticos): as mamaos dos montes da Vixía, da Pena e do Canteiro.
o E provocaría un forte impacto sonoro e visual negativo sobre unha zona especialmente sensible desde o punto de vista medioambiental e turístico, posto que os aeroxeneradores do parque serían perfectamente visibles desde toda a costa carballesa, afeando significativamente unha das paisaxes máis fermosas da Costa da Morte.

Por todos estes motivos, consideramos xustificado que o Concello se opoña ó proxecto presentado para a instalación deste parque eólico, formulando a tal fin as alegacións pertinentes e adoptando as medidas de todo tipo que procedan para defender os intereses dos cidadáns de Carballo.

Xa que logo, instamos ó Concello a que, dentro do prazo legal de 30 días desde a publicación do anuncio, adopte o seguinte acordo:

O Concello de Carballo encargará un estudio técnico das consecuencias negativas (de orden urbanístico, turístico, medioambiental, etc.) que suporía para Carballo a instalación do Parque Eólico de Pedrarrubia, formulará as alegacións oportunas a fin de opoñerse ó mesmo, e adoptará as medidas que sexan procedentes para impedir por tódolos medios legais que a instalación do parque se leve a efecto.

Carballo, 1 de abril de 2007.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?