16.2.07
O goberno tripartito o impón o coñecemento do galego como condición excluínte nas oposicións

ALBERTO SUEIRO PASTORIZA, portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, ó abeiro do disposto nos artigos 91 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presento a seguinte MOCIÓN:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Xunta de Goberno Local do Concello de Carballo, na sesión ordinaria do día 13/11/2006, aprobou as bases específicas e convocatoria para cubrir en propiedade unha praza de técnico de Administración Xeral para Urbanismo (SFP 02/06), incluída na oferta de emprego público do concello de Carballo para 2006. No Boletín Oficial da Provincia nº 273, de 28 de novembro, publicouse o anuncio do dito acordo, así como as bases específicas, sendo publicado no B.O.E. de 27 de decembro de 2006 a Resolución do alcalde de Carballo referida á dita convocatoria.
Sen entrar noutros aspectos que consideramos que tamén contraveñen a normativa que regula o acceso ó emprego público, reparamos que nas bases específicas da convocatoria contémplase (Base 10.3.4) un exercicio do tenor seguinte:
“10.3.4.- Cuarto exercicio: Coñecemento de galego. Consistirá na tradución directa e/ou inversa de un ou varios textos, en castelán ou galego, facilitados polo tribunal, nun tempo máximo de 30 minutos.
Terá carácter obrigatorio, e eliminatorio, sendo a calificación de APTO ou NON APTO; agás para aqueles opositores que presenten o certificado, orixinal ou fotocopia compulsada -no prazo de presentación de instancias e referido á data de remate- de ter superados os estudos conducentes á obtención do certificado de perfeccionamento na lingua galega, expedido por organismo oficial para tal efecto, ou título acreditativo expedido por entidade académica para tal fin, considerándose neste caso como APTO.”
Non poríamos en dúbida que o coñecemento do idioma galego se considerase un mérito valorable máis, xa que así o establecen o artigo 33 da Ley 4/1988, de Función Pública de Galicia, e o art. 4.1 e 2 do Decreto 95/91, de 20 de marzo, que aproba o Regulamento de Selección de Persoal da Comunidade Autónoma de Galicia. O que si discutimos e consideramos ilegal -polas razóns que expoñeremos-, é que se lle dea carácter obrigatorio ó coñecemento do idioma vernáculo, tal e como se desprende do carácter eliminatorio do exercicio, segundo as bases, para quen non teña ese coñecemento.
Tal carácter eliminatorio vulnera dereitos fundamentais consagrados no Título I da Constitución Española, como o principio de igualdade en xeral (artigo 14 da Constitución) e, en particular, o dereito dos cidadáns a acceder en condicións de igualdade ás funcións e cargos públicos (artigo 23.2 da Constitución), xa que se está limitando, de feito, a posibilidade de concurrencia a este proceso selectivo.
Ese requisito do coñecemento obrigatorio do galego choca frontalmente coa doctrina do Tribunal Constitucional (Sentencia do Tribunal Constitucional de 26-6-1986, núm. 82/1986) e do Tribunal Supremo, que se ten manifestado claramente en contra da esixencia do coñecemento da lingua vernácula cooficial para acceder a empleos públicos: “la exigencia del conocimiento del euskera establecida en las Bases VI y VII supone una grave vulneración de los artículos 14 y 23 de la Constitución como ya ha dicho el Supremo en Sentencias de 28 y 29 de octubre de 1986 en casos análogos.”(STS 16-5-1989, RJ 1989, 3698).
Finalmente, é preciso sinalar a desigualdade de trato que supón esa esixencia de coñecemento do galego para esta praza, sin motivación algunha, con respeito a outras prazas incluidas na Oferta de Emprego Público deste Concello para 2006 (en concreto, auxiliares e policía local), nas que o coñecemento do galego foi valorado como mérito, sin ter carácter eliminatorio.
Xa que logo, consideramos que o requisito da esixencia obrigatoria do coñecemento do galego é inconstitucional e ilegal.

Por istes motivos, instamos ó Pleno do Concello de Carballo para que adopte o seguiente ACORDO:
O Concello de Carballo anulará e deixará sin efecto as Bases específicas e convocatoria para cubrir en propiedade unha praza de técnico de Administración Xeral para Urbanismo (SFP 02/06) incluída na oferta de emprego público do Concello de Carballo para 2006, aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do día 13/11/2006.
Carballo, 16 de febreiro de 2007
Asdo.: Alberto Sueiro Pastoriza