13.2.07

 

O alcalde tenta salvar a cara tras o fracaso do proxecto do parking e o mercado

O 13 de febreiro de 2007, o PP de Carballo fai pública a seguinte nota de prensa:

A XESTION DA REFORMA DA PLAZA E UN MONUMENTO A IMPROVISACION E O FALLA DE IDEAS

Carballo, 13 fevreiro 2007.- A ultima “pirueta” do Sr. Ferrero en torno ó futuro da plaza do mercado pon en evidencia que dende a alcaldía non existe ningunha idea para darlle salida os problemas da plaza de abastos e o entorno comercial da plaza do concello e unicamente se está a facer outro “anuncio” pensando nas eleccións municipais.

Despois de pasar mais de tres anos sacando adiante un proxecto a todas luces inviable sin ningunha garantía real de execución con unha xestión catastrófica do procedemento administrativo, salpicado de irregularidades e de dilapidar caseque 600,000€ na construcción de un túnel totalmente innecesario a tres meses das eleccións, sin poder presentar ningun resultado, aparece propoñendo a contratación de unha empresa de asesoramento comercial.

E para seguir na ceremonia da confusión remite a oferta de colaboración presentada por unha empresa da que non se sabe si é unha proposta formal do governo nin si os grupos que ó conforman están de acordo na sua contratación ou simplemente e dar traslado da sua recepción os grupos politicos.

Unha vez certificado o fracaso do pelotazo da plaza o alcalde saliu do paso anunciando un concurso de ideas. ¿ Onde quedou esa proposta? ¿ Qué é o que quere facer o alcalde na plaza de Carballo? ¿Cal é a solución que propón o goberno? Desde o PP seguimos defendendo a existencia de un concurso de ideas coa participación de todos, onde se recollan as necesidades que se queren cubrir é que dé lugar a un proxecto basico que sirva para asegurar a mellor das solucións para a plaza do concello, o mercado e a plaza de abastos.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?