27.1.07
Mariano Rajoy acude a Carballo para presentar a Alberto Sueiro como candidato á alcaldía
O 27 de xaneiro de 2007 tivemos a honra de que o presidente nacional do Partido Popular, Mariano Rajoy, visitase a nosa localidade para apoiar a presentación de Alberto Sueiro Pastoriza coma candidato e próximo alcalde de Carballo.
Rajoy, acompañado polo presidente rexional Alberto Núñez Feijoo e o presidente provincial Juan Juncal participou en primeiro lugar nun encontro con dirixentes do partido de toda a Costa da Morte, no que se suliñou a importancia das próximas eleccións municipais do 27 de maio.
Maís tarde celebrouse unha cena-mitin no restaurante Punta del Este, onde máis de 600 simpatizantes e amigos que abonaron os 25 € da invitación demostraron de novo a forza que o PP ten en Carballo, no que foi o pistoletazo de saída para este ano electoral, e onde o presidente Rajoy tivo palabras de eloxio para o partido local e para o seu presidente e candidato, Alberto Sueiro.