13.2.07

 

Ferrero tamén tenta facer propaganda co porto de Razo

O 13 de febreiro de 2007, o Partido Popular de Carballo tamén emite esta nota de prensa:

A visita do alcalde ó presidente de Portos de Galicia, unha "montaxe" de propaganda electoral

O PP RECLAMA DO ALCALDE QUE EXPLIQUE DE QUÉ FOI A FALAR CO SR. IRRISARI

Carballo, 13 fevreiro 2007.- O PP espera que o Sr. Ferrero explique cáles son as peticións que lle fixo o presidente "provisional” de Portos de Galicia. O Alcalde debe explicar si foi a defender o proxecto de construcción de un porto deportivo aprobado polo Pleno da corporación municipal ou outro que descoñécemos.

Na súa táctica habitual de “inventarse” unha reunión con un responsable da Xunta sempre que aparece un problema e que en ningun caso revertiron en solucións reais para Carballo, o Alcalde deberá concretar qué foi a negociar con un presidente a punto de cesar no seu cargo e a que acordos chegou ou que obras ou equipamentos ten comprometido, con qué investimento e para cando.

Outra volta mais o Alcalde volve a facer propaganda electoralista e deixa a solución para anos vindeiros. Non podendo presentar ningun resultado positivo nun proxecto no que o goberno municipal que el preside malgastou 24,000€ na redacción dun anteproxecto que se demostrou absolutamente inutil e que agora pretende agochar no caixón para volver a prometer obras e solucións para mais adiante.

Nin o alcalde presentou ningunha demanda concreta de obras ou melloras por que non a tén, xa que ata o de agora esa competencia tiña en exclusiva o Concelleiro de Urbanismo, nin o Presidente de Portos comoprometiu nada, porque está a punto de cesar, é o único que fixeron foi aproveitar a ocasión para facer propaganda para as eleccións municipais utilizando partidistamente o seus cargos.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?