23.2.07
Evencio queda en evidencia ó ocultar información á oposición

O 23 de febreiro de 2007 o PP emite esta nota de prensa:
Evencio Ferrero delátase ocultando información
O ALCALDE IMPIDE O ACCESO DO PP A DOCUMENTACIÓN MUNICIPAL
Carballo, venres, 23 de febreiro.- O próximo Pleno da Corporación, que se celebrará o luns, debatirá unha moción presentada polo PP relativa ás Bases de selección dunha praza de asesor urbanístico para o Concello de Carballo. En relación ás mesmas, o Secretario municipal fixo un informe no que chega a falar de "desviación de poder" ó referirse á valoración de méritos contida nas ditas Bases: "Esta valoración podría obedecer a razones subjetivas que beneficiarían a posibles aspirantes, y eso, cuando menos, podría ser calificado como desviación de poder."
No devandito informe, o Secretario menciona incluso dúas reunións da Mesa Xeral de Negociación do Concello de Carballo, as celebradas o 15/9/2006 e o 10/10/2006. Nesas reunións, parece que algúns asistentes fixeron mencións "subxetivas" (en palabras do propio Secretario municipal) para xustificar o sistema de selección (concurso-oposición) finalmente empregado polo goberno municipal para cubrir esta plaza, en contra do criterio do Secretario, que estima que legalmente só se podía utilizar o sistema de oposición libre.
Ante esas graves imputacións, o PP solicitou por escrito que se incorporasen ó expediente o aludido informe do Sr. Secretario e as actas desas reunións da Mesa de Negociación, xa que gardan directa relación co asunto obxecto da moción do PP: anular o proceso selectivo polas graves irregularidades observadas nas Bases de selección desta praza.
Sin embargo, nunha actitude que demostra unha vez máis o seu talante, o Alcalde doulle orden ó Secretario de que non incorporara ó expediente eses documentos que pedía o PP. O Alcalde esconde deliberadamente a documentación, vulnerando así os dereitos da oposición e tratando de impedir por tódolos medios que poidamos cumplir co noso cometido.
Con tal ocultación, o Alcalde estase delatando e poñendo en evidencia por enésima vez. Como di o refrán, "o que algo oculta, algo esconde".