7.3.07
Xunta e Concello quedan en rídiculo: non haberá 3ª fase da travesía

A Consellería recúa das súas promesas
O A INCAPACIDADE E A IMPROVISACION DO GOBERNO MUNICIPAL VOLVE QUEDAR EN EVIDENCIA NA XESTION DAS OBRAS DAS TRAVESIAS
O A INCAPACIDADE E A IMPROVISACION DO GOBERNO MUNICIPAL VOLVE QUEDAR EN EVIDENCIA NA XESTION DAS OBRAS DAS TRAVESIAS
Carballo, mércores, 7 de marzo de 2007.- As explicacións ofrecidas onte pola Consellería de Política Territorial feitas só para saír do paso e intentar ocultar a evidencia dos erros no asunto das inversións, prometidas a bombo a platillo, que non están confirmadas, deixa ó goberno municipal no ridículo máis bochornoso.
Despois de facer propaganda prometendo que a Xunta se faría cargo das obras da travesía da Avenida de Malpica, cunha inversión estimada en 1.779.000 euros (así se prometiu públicamente o 5 de abril de 2006), agora aclarase por parte da Consellería que “as negociacións co Concello de Carballo non están cerradas”.
¿ Como é posible que a Administración Autonómica presente unha proposta de convenio por 300.000 euros para a Avenida de Malpica, e cero euros para a rúa Vázquez de Parga, si non hai nada acordado? ¿Cómo se pode decir, sen poñerse colorado, que un ano e medio despois de rematadas as obras da 2ª fase da travesía da Vázquez de Parga, ainda están “definido as características da 3ª fase”, como se dixo onte desde a Consellería? ¿Esa mesma 3ª fase que xa tiña que estar rematada hai un ano? ¿Esa da que non se sabe nada e que pretenden cambiar por unha chapuza en forma de simple aglomerado?
A única realidade e que a Xunta sigue sin comprometer a inversión que fai falta para a 3ª fase, que ascende a 2 millóns de euros e que as obras da travesía de Malpica, outra volta mais, non eran mais que propaganda de un goberno municipal que non foi quén de rematar, en todo o mandato, nin un soio dos proxectos que prometeron.
A falta de planificación e de capacidade de xestión deste goberno é de escándalo. Por momentos, semella que nos queren tomar o pelo anunciando constantemente proxectos que nunca se realizan.
O PP de Carballo solicita o cumplimento do que se prometiu públicamente: que a Consellería se faga cargo do coste íntegro da travesía da Avenida de Malpica, coas características que se anunciaron no seu momento.
E en canto á travesía da Vázquez de Parga, o PP bríndase para axudar ó goberno municipal e á Consellería a “definir as características da 3ª fase”: fágana coas mesmas características da 1ª e da 2ª fase que fixeron a Xunta e o goberno municipal do PP, tal e como estaba previsto no Convenio firmado no ano 2001 entre o Concello e a Consellería. Con eso é suficiente.