17.3.07

 

Presentadas as Novas Xeracións de Camariñas

Seguindo o mesmo camiño de Vimianzo, o 17 de marzo de 2007 persentáronse ó público as Novas Xeracións de Camariñas, nun acto celebrado nunha Casa da Pedra chea de amigos e simpatizantes do PP que acudiron para apoiar o paso adiante dado por este grupo de mozos.
Na mesa presidencial estaban o vicesecretario do PPdeG e anterior presidente rexional de NNXX Diego Calvo, a actual presidenta rexional María Seoane, o presidente provincila Gonzalo Mora, a coordinadora comarcal Rocío Vázquez e o candidato e futuro alcalde de Camariñas Daniel Rego.
Os interviñentes destacaron a situación de parálise á que os distintos gobernos socialistas teñen sometido a Camariñas, e a oportunidade que as próximos eleccións supoñen para cambiar esa situación.
O novo presidente da xestora, Manuel Castiñeiras, amosou boas táboas no seu debut, e brindou todo o apoio de NNXX ó candidato Daniel Rego e á sociedade de Camariñas para sacar a súa vila adiante.









<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?