19.2.07
A imposición do galego que fai o BNG é ilegal

O PP lamenta a hipocresía e a manipulación do BNG na probas de selección do persoal do Concello de Carballo
O CARÁCTER EXCLUINTE DO GALEGO NUNHA OPOSICIÓN, COMO QUERE IMPOÑER O BNG EN CARBALLO, É CLARAMENTE ILEGAL
Carballo, 19 de fevreiro,.- Outra volta mais Evencio Ferrero volve a priorizar os obxetivos políticos do BNG por riba dos intereses do Concello de Carballo.
Son moitos os antecedentes que acreditan que o carácter eliminatorio vulnera dereitos fundamentais consagrados no Título I da Constitución Española, como o principio de igualdade en xeral (artigo 14 da Constitución) e, en particular, o dereito dos cidadáns a acceder en condicións de igualdade ás funcións e cargos públicos (artigo 23.2 da Constitución), xa que se está limitando, de feito, a posibilidade de concurrencia a este proceso selectivo.
O PP lamenta que sexa o BNG en exclusiva o que fale en nome do goberno carballes impoñendo o seu criterio. A piques de chegar as eleccións o BNG volve a mostrar a sua faciana de sempre refuxiándose no insulto e na descalificación gratuita e tendenciosa criticando a oposición e acusando sen ningún fundamento a gobernos anteriores.
E lamentable o cinismo político do Sr. Ferrero que non puxo o mesmo interés en defender o carácter de oposición libre de dita convocatoria prestandose a un concurso-oposición que permite o “deseño a medida da plaza” . É importante sinalar, ainda que xa non é novedoso, que os servicios xurídicos do Concello de Carballo informaron negativamente contra as bases presentadas chegando a describir a actuación do alcalde de posible desviación de poder.
O BNG ten moi mala memoria pois debe recordar que xamais logrou unha sentencia favorable as suas denuncias contra o goberno do PP en materia de persoal, e debería ser mais prudente tendo en conta que o goberno do Sr. Ferrero xa foi condenado a indenmizar a unha opositora , foi acusado de filtrar as preguntas dos éxamenes das oposicións, de suplantar as facultades dos tribunais, de “fabricar” bases a medida e de asignar plazas “a dedo”, coma aquela onde a oposición adiantou antes de celebrarse o nome da persoa que ía ganar o concurso.