28.12.06
Xunta e Concello anuncian por terceira vez a mesma inversión

O PP DE CARBALLO CRITICA A PROPAGANDA POLÍTICA DO GOVERNO TRIPARTITO
Carballo, xoves, 21 de Decembro.- Non é de recibo nin serio que, cada vez que un alto cargo da Xunta de Galicia ven a Carballo, anuncie todo tipo de inversións e logo éstas non cheguen a concretarse nin a materializarse. Xa é a terceira vez que Xunta e concello anuncian unha inversión de medio millón de euros no campo de fútbol de Carballo e, ata agora, ben pouco se fixo por non decir nada.
Resulta preocupante que o governo tripartito recurra, de xeito sistemático, á propaganda e ó electoralismo sensacionalista para ocultar as numerosas carencias da súa xestión. O que teñen que facer o alcalde e os seus socios no governo local é ponerse a traballar en lugar de empregar continuamente a propaganda para ter contentos ós veciños.
Dende logo, as promesas sen fundamento e os brindis ó sol, algo que é moi propio deste governo municipal, non contribuirán a arranxar os numerosos problemas que ten Carballo. Os veciños merecen unha xestión seria e eficaz e o tripartito, en lugar de corresponderlles, parece estar máis preocupado pola repercusión propagandística das súas proclamas.