11.12.06
Publícase un novo número de Carballo Popular
Con data 25 de novembro emítese un novo exemplar da revista Carballo Popular. Este décimo número adícase de xeito monográfico a informar ós carballeses sobre o proxecto de centro comercial que o goberno local ten para a praza do Concello de Carballo, e foi repartido na feira e nas rúas do centro da localidade.

