28.12.06
PSOE e BNG rexeitan tódalas enmendas presentadas polo PP

TODAS AS ENMENDAS PRESENTADAS POLO PP OS ORZAMENTOS DA XUNTA CON DESTINO OS CONCELLOS DE BERGANTIÑOS E A COSTA DA MORTE FORON REXEITADAS POLO PSOE E O BNG
Carballo 21 de decembro.- Na sesión plenaria celebrada hoxe xoves no Pazo do Horreo a totalidade das enmendas que o PP presentara os orzamentos da Xunta para os concellos de Bergantiños e a Costa da Morte foron rexeitadas a pesares de que moitas de elas eran compromisos electorais dos membros do bipartito.
E especialmente salientable o rexeitamento da iniciativa para incluir no documento orzamentario a partida para o acondicionamento e mellora do campo de futbol das Eiroas en Carballo, o día seguinte de que o Secretario Xeral para o deporte se comprometerá a firmar un convenio para realizar esa obra. Por unha banda en Santiago din que non se debe facer por non ser prioritaria e en Carballo aseguran que farán un convenio para facela.
Desde o PP de Carballo queremos denunciar o uso electoralista e partidario dos recursos públicos que se fai dende o BNG o non inclui-la obra nos orzamentos e por outra banda vir a facer, por terceira vez, propaganda .
Hai ue lembrar que a pesar de que esa mellora xa se comprometera o ano pasado e que fora incluida nos investimentos do concello de Carballo para 2006 o alcalde de Carballo mais outra vez, enganou os carballeses pois segun manifestacions do responsabel da xunta dita obra non se podia facer en este ano.
O deportistas de Carballo non precisan de "padriños" nin "madriñas" senon de gobernantes responsabeis que cumplan coa sua palabra e atendas as suas necesidades.
Xa é a terceira vez que anuncia unha inversión de medio millón de euros para o campo de fútbol.