11.12.06

 

O PP informa directamente ós concesionarios da praza


O 22 de novembro de 2006, o Partido Popular de Carballo emite a seguinte nota de prensa:


ANTE A FALTA DE TRANSPARENCIA DO GOVERNO LOCAL SERÁ O PP O QUE INFORME ÓS PLACEIROS ACERCA DO PROXECTO DO EDIFICIO COMERCIAL

Carballo, mércores, 22 de Novembro.- Os representantes do Partido Popular de Carballo Alberto Sueiro e Juan Carlos Castro manterán hoxe, mércores, as 20,15 horas no mercado, unha reunión cos placeiros para informarlles de todo o proceso relacionado coa construcción do edificio comercial.

O Partido Popular, ante a negativa do governo local a entregar toda a documentación e ante a súa falta de transparencia, ó negarse expresamente a suministrar a infromación solicitada pola representante dos placeiros, asume o compromiso de informarlles acerca do proxecto que o governo tripartito pretende levar adiante na praza do concello.

Como o governo local non transmite toda a información necesaria, o Partido Popular, cumplindo co noso deber como representantes dos cidadáns, informará ós placeiros dunha serie de cuestións tales como os metros de escaparate de que disporán ou cal será a súa ubicación por sectores no novo edificio.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?