28.12.06

 

O PP de Carballo da o seu pésame polo falecemento de Loyola de Palacio

Con data 15 de decembro, o Partido Popular de Carballo emite a seguinte nota de prensa:

O Partido Popular de Carballo ten enviado a familia de Dona Loyola de Palacio o seu pésar e a nosa condolencia polo seu pasamento.

Nos últimos anos Loyola de Palacio era unha asidua visitante da nosa comarca, onde adoitaba vir ,cando o seu labor llo permitia a prácticar submarinismo nas furnas de Malpica e a ria de Laxe - Corme. Pola sua capacidade humana desixou unha grande pegada entre todolos que tivemos a sorte de compartir con ela momentos de lecer ou de traballo .

Na pasada campaña electoral das eleccions o Parlamento de Galicia participou en varios actos do partido popular en Bergantiños e na Costa da Morte e estaba comprometida, antes de diagnosticarlle a enfermidade, para impartir unha conferencia sobre a Union Europea en Carballo.

Dende o Partido Popular de Carballo laméntamos moito a perda de unha das mulleres mais salientables da política española das últimas décadas pola sua especial relación con Galicia e pola amizade con que nos tiña apreciado.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?