28.12.06
NNXX celebrou o seu 7º Congreso Rexional
Os días 16 e 17 de decembro, Novas Xeracións de Galicia celebrou o seu 7º Congreso de ámbito rexional en Santiago de Compostela. O congreso, no que participaron máis de 500 compromisarios chegados de toda a nosa comunidade, foi un rotundo éxito de organización e serviu para renovar o comite executivo autonómico. O presidente ata entón, Diego Calvo, deixou o cargo para que sexa ocupado por María Seone, quen contará con Javier Dorado coma secretario xeral dun novo comite executivo no que Carballo contará con dous representante: Antonio Mato e Javier Ferreiro. O acto estivo marcado pola homenaxe a Loyola de Palacio, fundadora de Novas Xeracións, polas críticas á nula política xuvenil do actual goberno da Xunta, e pola ilusión da organización de cara ós próximos 3 anos.