28.12.06

 

Enmendas do Grupo Parlamentario Popular ós orzamentos para a Costa da Morte


O día 16 de decembro Alberto Sueiro, en representación do Grupo do PP no Parlamento de Galicia, ofreceu unha rolda de prensa na que espuxo as enmendas presentadas ós orzamentos que o goberno bipartito da Xunta realizou para Bergantiños e a Costa da Morte. Este é o seu resumo:

O Grupo Parlamentario do Partido Popular de Galicia, ten presenado o proxecto de Lei de Ornamentos da Xunta de Galicia para 2007 as seguintes enmendas referidas especificamente o Territorio de Bergantiños e a Costa da Morte:

Conselleria de Politica Territorial e Obras Públicas e Transportes :

Programa / Denominación / Concello / Importe

512.B / Acondicionamento AC-442 Proxecto Variante A Bugalleira / Ponteceso / 200.000 €
512.B / Acondicionamento AC-442 Proxecto Variante Tella / Ponteceso / 200.000 €
512.B / AC-552 2ª Fase Travesía Coristanco / Coristanco / 600.000 €
512.B / AC-552 3ª Fase Travesía Carballo / Carballo / 600.000 €
512.B / AC-552 Acceso ó Porto de Brens / Cee / 1.000.000 €
TOTAL ENMENDAS 2.600.000 €
En canto as obras na AC-422 a principal motivación foi o de reflectir no documento orzamentario distintas obras ou proxectos que son moi demandados pola poboación afectada e dende os grupos politicos que apoian o goberno se comprometeron a executar.
No caso das obras na AC-552 son obras que estaban comprometidas pola Consellería e non aparecen recollidas no documento. A motivación é que se lles dote de disponibilidade orzamentaria e que deste xeito se exprese o compromiso real de executalas en 2007.

Portos de Galicia:

Programa / Denominación / Concello / Importe
/ 2ª Fase Ampliación Porto / Malpica / 700.000 €
/ Construcción Porto Sardiñeiro / Fisterra / 700.000 €

TOTAL ENMENDAS 1.400.000 €
Consellería de Sanidade:
Programa / Denominación / Concello / Importe
432A / Melloras Centro Saúde / Carballo / 100.000 €
TOTAL ENMENDAS 100.000 €
A motivación de esta enmenda é que se acometan reformas de mellora e ampliación no actual centro de saude de Carballo. A enmenda pretende que o documento recolla a necesidade e , canto menos, se destinen fondos destinados os informe e proxectos de ditas reformas. Asímesmo plantexouse expresamente no debate de defensa das enmendas, dentro da xenérica de "ampliación dos equipamentos sanitarios", a necesidade de dotación de unha ambulancia medicalizada para o PAC de Carballo.
Conselleria de Cultura e Deporte :
Programa / Denominación / Concello / Importe
356.A / Creación Parque do Megalitismo de Galicia / Bergantiños / 150.000 €
441.A / Proxecto polideportivo e piscina municipal 1ª fase / Ponteceso / 300.000 €
441.A / Melloras campo municipal de fútbol / Carballo / 300.000 €
TOTAL ENMENDAS 750.000 €
A motivación de estas enmendas é a necesidade de materializar nun concello de Bergantiños ou da Costa da Morte o parque do megalistismo como fórmula de valorizar o patrimonio arqueolóxico de estas bisbarras e para que definitivamente a Xunta determine a ubicación de dito parque.
Ponteceso é o único concello no que a vila principal non dispón de equipamento deportivo axeitado ó non dispor de un pabellón polideportivo. A enmenda vai na dirección de que se orzamente a redacción do proxecto e a execución da 1ª fase para a dotación de estos equipamentos.
Conselleria de Medio Ambiente e Desarrollo Sostible :
Programa / Denominación / Concello / Importe
542.A / Redacción do plan integral de abastecementos e saneamentos de Bergantiños / Bergantiños / 300.000 €
TOTAL ENMENDAS 300.000 €
Esta enmenda incide na necesidade de que se aborde o problema do abastecemento e o saneamento integral de tódolos concellos de Bergantiños dende unha óptica conxunta e comarcal. Co obxectivo de fixar un horizonte temporal no que se acade o completo saneamento da comarca e se determinen as pautas para resolver os problemas de abastecemento de auga para o futuro.
Conselleria de Vivenda e Solo :
Programa / Denominación / Concello / Importe
531.A / Parque empresarial ampliación / Carballo / 2.000.000 €
531.A / Parque empresarial / Coristanco / 2.000.000 €
TOTAL ENMENDAS 4.000.000 €
A pesares das múltiples manifestacións feitas dende o goberno o documento orzamentario non recolle ningunha partida cuantificada para este obxectivo. Trátase de que cando menos aparezan recollidas nos orzamentos con un importe mínimo e que quede fixado o compromiso orzamentario para a súa execución.
Conselleria de Pesca e Asuntos Marítimos :
Programa / Denominación / Concello / Importe
422.K / Construcción centro de repoboación / Muxía / 100.000 €
TOTAL ENMENDAS 100.000 €
A enmenda recolle a necesidade de retomar un proxecto que o actual goberno paralizou para dotar a Muxía do centro de repoboación de especies marinas de Galicia dentro do plano para convertir a Costa da Morte nun referente da acuicultura.






<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?