11.12.06
Andrade propón agora unha consulta popular logo de reixetar a proposta do PP

O tripartito forzado polas circunstancias, pretende asumir agora a iniciativa que rexeitou no seu momento
O PP INVITA Ó GOVERNO LOCAL A QUE CONVOQUE A CONSULTA POPULAR SOBRE O EDIFICIO COMERCIAL
Carballo, venres, 24 de Novembro de 2006.- A suxerencia formulada onte polo concelleiro de Urbanismo, Manuel Andrade, en relación coa posibilidade de convocar unha consulta popular para que sexan os carballeses os que decidan sobre o futuro do proxecto do novo edificio comercial da praza do concello, pon de manifesto o seu xeito oportunista de entende-la política. Andrade queda en evidencia porque, no seu fuero interno, sabe moi ben que non están dispostos dende o governo local a facer dita consulta. As súas palabras non son máis que unha cortina de fume para salva-la cara ante unha opinión pública que se decatou da tropelía que se quere cometer coa Praza de todos.
Pero é que, ademáis, e como xa fixeron noutros eidos da vida municipal nos que se viron obrigados a aceptar alternativas do PP que previamente rexeitaban, no caso concreto que nos ocupa, hai que lembrarlle a Manuel Andrade que xa o 18 de decembro do ano pasado e o 15 de febreiro de 2006, o Partido Popular pediu formalmente que o governo local convocase unha consulta popular para dilucidar o asunto do edificio comercial, tal e como consta nas hemerotecas.
Este xeito de proceder evidencia a política errática que sigue o governo municipal, que non dubida en cambiar para saír do paso con ocurrencias do momento, aínda a costa de comprometer gravemente a súa credibilidade, se con iso resolve as suas propias contradiccións. Esta consulta debera terse feito moito antes, cando se estaba iniciando o proceso. Sen embargo, dende o PP recollemos esa oferta lanzada polo Concelleiro de Urbanismo e invitamos ó governo municipal a que presente públicamente o seu proxecto (se é que primeiro se poñen dacordo entre eles) e convoque canto antes esa consulta popular que rexeitou no seu momento. Agardamos que, por esta vez, o goberno cumpla a súa palabra e non faga nada contra a opinión dos cidadáns.